Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: besta_do_seu_sangue

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

E se Blanco Romasanta, o lobishome ourensán, en realidade fose unha muller?: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está editado por Xerais na colección Narrativa.

Unha poética construción de quen naceu muller e se volveu home. «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Artigo de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre a novela: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O cuestionamento da identidade sexual de Romasanta dende o rigor documental e o alento poético: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Emma Pedreira: «Non empatizo con asasinos e menos coa frialdade de mentes como a de Romasanta» Entrevista no «Faro da Cultura» sobre o libro: «Besta do seu sangue»

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Emma Pedreira sobre a novela Besta do seu sangue . O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 e está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra que propón unha nova volta a un clásico, a historia de Manuel Blanco Romasanta. «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Armando Requeixo no «Diario Cultural»

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 3´30″.

A mistura da nosa tradición vedraña cos recursos máis actuais da narración: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. Emma Pedreira, «Besta do seu sangue» Narrar unha historia que goza de certa popularidade resulta arriscado; máis aínda cando xa foi tratada por outros autores dende distintas perspectivas.

Presentación na Coruña de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O xoves 22 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, na librería Sisargas, San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto participarán Eli Ríos, Emma Pedreira e Fran Alonso.

A reconstrucción da realidade silenciada dunha persoa rebordada polas súas contradicións e conflitos internos: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 e está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», «Vivir a galope» e «Besta do seu sangue», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas, é o primeiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. En segundo lugar sitúase outro texto de Xerais: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. E no terceiro posto está outro libro de Xerais: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, compartindo esta terceira posición co libro: A través do fume, editado este último por Galaxia.

Emma Pedreira: «A figura de Romasanta pode ter un calibre histórico, mitolóxico e ficcional á altura do mesmo Jack o Destripador» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Emma Pedreira sobre a súa novela: Besta do seu sangue, coa que gañou o Premio Xerais de Novela, 2018. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa (Imaxe: X.M. Xespi – Praza Pública).

Emma Pedreira: «O Premio Xerais é para min o premio máis importante de narrativa» Entrevista na Televisión de Galicia sobre a novela: «Besta do seu sangue»

A Televisión de Galicia emitiu unha entrevista coa escritora Emma Pedreira sobre a novela: Besta do seu sangue, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2018. A entrevista pode verse nesta ligazón.