Publicado o 17 Abril, 2020 nas categorías Críticas, Lectura, Narrativa
O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na cuarta entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo e A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Lectura, Narrativa, Publicacións, Reportaxes, Xuvenil
Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2018 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Poesía, Xuvenil
O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 22 Setembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2017 nas categorías Artigos literarios, Narrativa
Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre as pegadas do nazismo en Galicia a través de dúas novelas recentes: Izan o da saca, de Xabier Quiroga, e Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
Rastros do nazismo en Galiza
Ligou que os últimos títulos de prosa que acabo de ler coinciden en pór o foco nunha temática común e de grande interese. Refírome a Cabalos e lobos, de Fran P.
Ler máis →
Publicado o 18 Outubro, 2016 nas categorías Artigos literarios, Narrativa
O escritor Fran P. Lorenzo reflexiona en torno á súa novela Cabalos e lobos no Sermos Galiza 217. Publicamos o extracto do artigo que figura na web de Sermos Galiza.
«Cabalos e lobos»: cartografía do “spleen” vigués
Hai un tipo de melancolía que non se pode apreixar e que ten que ver coa saudade ou con iso que os románticos chamaron o spleen.
Ler máis →
Publicado o 14 Outubro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
Recensión: Fran P.
Ler máis →
Publicado o 11 Abril, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo
Que agradable sensación a da lectura deste Cabalos e lobos. Que bocalada de ar literario.
Ler máis →
Publicado o 22 Xaneiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
A VERSIÓN OFICIAL
Podemos vivir cos silencios, podemos vivir coa incerteza, podemos vivir coas lagoas dun pasado que nos pertence mais que, polos motivos que sexan, descoñecemos. Pódese.
Ler máis →
Publicado o 14 Xaneiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O escritor e crítico Mario Regueira elixiu Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo entre os tres mellores libros do ano 2015.
Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo
Non só a que considero a mellor novela deste ano, senón tamén unha das máis destacadas do último lustro da literatura galega.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2015 nas categorías Blogs, Cómic, Fóra de Xogo, Infantil, Listas de máis vendidos, Narrativa, Poesía, Xuvenil
Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2015 a partir da información proporcionada polas librarías galegas.
NARRATIVA
1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda
2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos
– – – – – – – – – – – – – – – – – –
4º-.
Ler máis →
Publicado o 1 Decembro, 2015 nas categorías Clubs_de_lectura, Narrativa
O escritor Fran P. Lorenzo estará hoxe martes día qde decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar da súa novela Cabalos e lobos.
Ler máis →