Publicado o 8 Maio, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 9 de maio, ás 12:30 horas, Fran P. Lorenzo será o autor convidado no Vermú entre libros da libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra.
O autor de Cabalos e lobos, Premio Blanco Amor de Novela, 2014, conversará coa xornalista Carme Vidal.
Ler máis →
Publicado o 7 Maio, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 6 Maio, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión
O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.
Ler máis →
Publicado o 5 Maio, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní a Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.
Ler máis →
Publicado o 4 Maio, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Maio, 2015 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Narrativa, Xuvenil
Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, e A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.
Ler máis →
Publicado o 4 Maio, 2015 nas categorías Ensaio, Infantil, LibroX, Listas de máis vendidos, Natureza, Poesía
Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Blogs, Narrativa, Premios, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Compostela da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, así como outra anotación da presentación en Redondela, concello que xestionou a convocatoria do Premio Blanco Amor 2015.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, LibroX, Narrativa, Presentacións, Sinatura
Do 1 ao 10 de maio, na Alameda, terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos:
1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras.
3 de maio, domingo 20:00 h.: Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios
Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela. (Foto de Fernando Blanco).
Fran P. Lorenzo: «O máis grave da represión é que chegue a eliminar a posibilidade de imaxinar unha vida distinta»
Di Fran P. Lorenzo que quixo xuntar a novela rosa cunha historia de amor gai.
Ler máis →
Publicado o 27 Abril, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xornal El Correo Gallego publicou unha información sobre a presentación en Vigo da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.
A información pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Abril, 2015 nas categorías Sin categoría
O martes, 28 de abril, ás 20:00 horas, no restaurante Resas, rúa da Algalia de Abaixo, 33 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (XXXII PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA).
No acto, organizado polo restaurantes Resas e Xerais, participarán Belén Regueira, Fran P. Lorenzo e Manuel Bragado.
Ler máis →