Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: camiñar_o_vigo_vello

Pedro Feijoo: «Este libro é un convite aos vigueses para que fagan de turistas na súa propia cidade

A web A Movida publicou unha entrevista de Tamara Novoa ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade. Pedro Feijoo: «Este libro é un convite aos vigueses para que fagan de turistas na súa propia cidade» O escritor Pedro Feijoo presenta o seu novo libro ‘Camiñar o Vigo Vello’, nesta ocasión deixa de lado a ficción para aproximarnos á historia da cidade olívica.

A memoria do Vigo vello da man de Pedro Feijoo. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre Camiñar o Vigo vello, o novo libro do escritor  Pedro Feijoo. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Eu intento sempre poñer en valor o feito de camiñar a modo por Vigo para coñecer ben a cidade»

 A raíz da publicación do seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, o escritor Pedro Feijoo realiza en vivo un percorrido para o programa Galicia por diante, da Radio Galega. O percorrido en vivo polo casco vello da cidade de Vigo pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade», de Pedro Feijoo. Un libro que propón un xogo diferente

Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, de Pedro Feijoo, é unha novidade de Xerais. De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos.

«Camiñar o Vigo Vello», o próximo libro de Pedro Feijoo para a primavera

O Faro de Vigo publicou unha información sobre o próximo libro do escritor  Pedro Feijoo: Camiñar o Vigo vello.