Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cara_a_unha_poética_feminista._Homenaxe_a_maría_xosé_queizán

Novidade: «Un rato díxolle á lúa», antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso

Un rato díxolle á lúa é unha antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas. Vai acompañada dun CD de Paco Ibáñez. Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro.

Artigo de Iolanda Martínez Suárez en torno María Xosé Queizán: «A voz e os seus ecos»

Artigo de Iolanda Martínez Suárez en torno María Xosé Queizán: «A voz e os seus ecos»

Iolanda Martínez Suárez publica no último número de Protexta unha longa  recensión crítica sobre o libro de homenaxe a María Xosé Queizán, Cara a unha poética feminista, así como sobre o último ensaio da mesma autora, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

Crítica de Rocío Moar Quintela sobre «Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou onte unha recensión de Rocío Moar Quintela sobre Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, libro coordinado por por Manuel Forcadela e Camiño Noia. Dicir Queizán Precursora e pioneira Cara a unha poética feminista é unha homenaxe á traxectoria vital e literaria de María Xosé Queizán.

Escritora María Xosé Queizán

Escritora María Xosé Queizán

Ao fío da presentación o pasado venres do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, Manuel Bragado publicou o domingo un artigo en Faro de Vigo reivindicando o papel da Escritora María Xosé Queizán. María Xosé Queizán, que está rematando unha novela, acaba de publicar a edición en e-ebook do seu ensaio máis recente Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

A celebración arredor do libro de homenaxe a María Xosé Queizán será esta tarde no Auditorio do Mar de Vigo

A celebración arredor do libro de homenaxe a María Xosé Queizán será esta tarde no Auditorio do Mar de Vigo

Mar Mato publica hoxe en Faro de Vigo unha información sobre o libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, que pretende renderlle unha homenaxe á escritora feminista viguesa que se materializará na presentación que esta tarde, ás 20,30 h.

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

O próximo venres 27 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, na rúa Beiramar, a presentación do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. O acto será presentado por Mónica Bar Cendón e intervirán Iolanda Veloso, Camiño Noia e a propia María Xosé Queizán.

Recensión de Ramón Nicolás sobre «Cara a unha poética feminista: Homenaxe a María Xosé Queizán»

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión de Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, volume colectivo coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia.

«Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán», novidade do mes de abril

O libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha das novidades do mes de abril. Está coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia. Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán.