Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carme_blanco

Dez libros para namorar

O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, relatos. O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo González, novela. Toda a vida, Luís Rei Núñez, novela. Náufragos en terra, Xosé Manuel Martínez Oca, relatos. O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, novela. Resistencia, Rosa Aneiros, novela. Onde o sol non adormece, Antón Cortizas, novela. Atracción total, Carme Blanco, micronarrativa.

“Atracción total”, crítica en Protexta

“Atracción total”, crítica en Protexta

Entrevista a Carmen Blanco

Entrevista a Carmen Blanco

Galicia hoxe publica unha longa entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Carme Blanco, a raíz da presentación de Atracción total na Feira do Libro da Coruña. A autora lucense afirma que “Atracción total entrelaza historias, como a dos amantes de Augas Santas ou a de Xoana Capdevielle, coa arte pobre de muller dos retallos. É un canto á vida, ao amor e á liberdade. E di: Punto G Galicia. Gocemos.

Atracción total

Atracción total

Esta semana poñemos á venda Atracción total, o novo libro de microrrelatos de Carme Blanco. O libro será presentado o vindeiro 24 de maio, ás 12:00 horas na Feira do Libro de Lugo, coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme. Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrrelato e do relato de relatos.