Publicado o 5 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de libros» de Vieiros a súa crítica de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Balnco Amor 2009. Para Alonso «o protagonista desta novela nun determinado momento da súa vida esquece quen é. Debe recuperar a súa identidade.
Ler máis →
Publicado o 3 Marzo, 2009 nas categorías Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica en Cartafol de libros unha crítica sobre Un país a medio facer, o libro de xornalismo de Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publicou no «Cartafol de libros» a súa crítica d’ A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena. O crítico remata a crítica da novela do seguinte xeito: «boa novela e que debemos ler para coñecer mellor a historia recente de Portugal. Por outra banda, resulta entretida abondo e ben escrita.
Ler máis →
Publicado o 23 Decembro, 2008 nas categorías Críticas, Ensaio, Historia, Lingua, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto:
Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores.
Ler máis →
Publicado o 22 Decembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións, Xerais_nos_medios
Rafael Fernández Lorenzo publica no Cartafol de libros unha crítica sobre Mil cretinos, o libro de Quim Monzó traducido por Helena González.
Monzó é escritor, tradutor e periodista, pero na súa ampla obra destacan sobre todo os contos e os relatos breves. Pasaron xa algúns anos dende que publicou o seu anterior libro titulado Splassshf, unha recompilación da súa extensa traxectoria narrativa.
Ler máis →
Publicado o 22 Decembro, 2008 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Manuel Rodríguez Alonso publica unha crítica no Cartafol de libros da novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa, gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2008 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín 2008, continúa recibindo magníficas críticas.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
«Unha boa novela curta», «boa noveliña, non só pola preocupación que pola técnica amosa a escritora, senón tamén pola meditación sobre o galego que emprega e as opcións que elixe», son algunhas das valoracións que Manuel Rodríguez Alonso realiza no Cartafol de Vieiros sobre As mellores intencións, a novela de Begoña Paz, premio concello de Riveira.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro que, dende a súa aparición, ven recibindo grande atención por parte da crítica e dos lectores e lectoras. Recollemos un dos parágrafos do texto:
O que máis atrae da novela é que nos presenta un ser solitario. O protagonista Ambrosio Cavaleiro é un gran profesional da encadernación e unha boa persoa.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Dicionarios, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Teatro, Xerais_nos_medios
Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Historia da chuvia que cae todos os días, a peza de Roberto Salgueiro merecedora do Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2006. Reproducimos unha anaco do primeiro parágrafo do texto:
Falar a estas alturas da solvencia técnica de Salgueiro como autor dramático é posíbelmente correr o risco de caer na obviedade.
Ler máis →
Publicado o 4 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga. Recollemos os dous derradeiros parágrafos do texto:
Neste mundo de alleados, que desprezan a súa lingua e cultura, que destrúen a súa paisaxe, o profesor de vegliota defende a lingua das sete vogais ou ponlle un nome galego á filla. É un elemento perigoso.
Ler máis →