Publicado o 25 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2018 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Poesía, Xuvenil
O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Blogs, Centros de ensino, Fóra de Xogo, Opinións_lectores/as, Xuvenil
O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 3 Marzo, 2017 nas categorías Booktubers, Fóra de Xogo, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xuvenil
A canle Corazón ao vento, dunha booktuber galega, recomenda dúas novelas publicadas por Xerais: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e As horas roubadas, de María Solar.
Ler máis →
Publicado o 1 Decembro, 2016 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Listas de máis vendidos, Xuvenil
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Listas de máis vendidos, Xuvenil
O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.
«Cartas de inverno», de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial
A popularísima novela xuvenil escrita por Fernández Paz vén de acadar os 100.
Ler máis →
Publicado o 25 Novembro, 2016 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.
Cartas de inverno
Foi un momento de ledicia mesturada con tristura, de admiración eterna ao ler a cifra, de aperta a un libro que me lembra a dozura coa que me falaba sempre.
Ler máis →
Publicado o 23 Novembro, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Xuvenil
Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade nesta 35 edición conmemorativa.
35ª Edición – Edición especial dos 100.000 exemplares vendidos
Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia.
Ler máis →
Publicado o 8 Novembro, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.
Agustín Fernández Paz, «Cartas de inverno»
Recordo perfectamente cando me acheguei a esta fantástica obra de Agustín. Foi no ano 2011, cando contaba con quince anos de idade.
Ler máis →
Publicado o 1 Xullo, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Reportaxes, Xuvenil
Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Jaureguizar sobre a próxima chegada da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, aos 100.000 exemplares vendidos, motivo co que Xerais realizará unha edición especial.
A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 5 Decembro, 2013 nas categorías Clubs_de_lectura, Cómic, Fóra de Xogo, Narrativa, Novela gráfica
O vindeiro martes o escritor Agustín Fernández e o ilustrador Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar, que celebra conxuntamente as sesións do Club de Lecturas Debuxadas (centrado no cómic) e o Club de Lectura Sete Vidas (centrado na narrativa) para falar e debater cos seus repectivos autores sobre Cartas de inverno (novela) e Cartas de inverno. (Novela gráfica).
Ler máis →
Publicado o 5 Novembro, 2013 nas categorías Blogs, booktrailers, E-books, Fóra de Xogo, Listas de máis vendidos, Xuvenil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, que supera estes días os 90.000 exemplares vendidos e se reedita unha vez máis apoiado por un booktrailer sobre o libro.
«Cartas de inverno», o booktrailer
Hai libros que traen un pan dentro das súas páxinas. A novela Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz é un deles.
Ler máis →