Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: césar_lorenzo

Teresa Moure entrevistada por «A Nosa Terra»

César Lorenzo entrevista a Teresa Moure nas páxinas d’ A Nosa Terra con motivo da publicación d’ A Intervención, a quinta novela da monfortina. Recollemos un fragmento das palabras de Teresa, que se poden ler na súa totalidade na edición impresa do semanario: «Eu quixen poñer en práctica a idea central deste libro. Pero faltoume o apoio dun grupo de amigos con ganas de seguirme. Debo ter pouca forza de convicción.

Marcos Calveiro, autor de «Settecento», entrevistado por «A Nosa Terra»

Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) presenta a un tempo dúas novas obras, ambas publicadas por Xerais. O pintor do sombreiro de malvas (Premio Lazarillo 2009) e Settecento, unha novela ‘moi musical’ situada na Veneza do barroco. –Pasou da Compostela do século XVI de Festina lente á de dous séculos despois. –Santiago é menos importante en Settecento que na miña anterior novela.

Xerais, 30 aniversario, entrevista «A Nosa Terra»

César Lorenzo publica no semanario A Nosa Terra unha entrevista con Manuel Bragado, director da editorial, con motivo do trinta aniversario de Xerais. Recollemos algúns fragmentos do texto: Xerais fai 30 anos con folgos para o futuro? A nosa intención é facer perdurar a idea principal da creación da editorial, ser un selo xeneralista presente en todas as facetas da edición.

Sobre Aldonza de Praterías

César Lorenzo entrevista n’ A Nosa Terra á escritora Mercedes Gualteria Pintos amanuense das reflexións de Aldonza de Praterías recollidas no libro Pedras de Compostela. Quen é Aldonza de Praterías? A autora deste libro. Eu só me limitei a transcribir os seus pensamentos porque ela ten as mans ocupadas.

Entrevista a Gonzalo Moure

Entrevista a Gonzalo Moure

César Lorenzo Gil entrevista n’ A Nosa Terra ao escritor Gonzalo Moure a raíz da publicación d’ A porta de Mayo.  Reproducimos algúns fragmentos dunha conversa moi interesante, onde Moure anuncia que acaba de rematar a súa primeira obra en galego: Como foi que A porta de Mayo estea en galego –en tradución de Santiago Jaureguizar– e non na lingua orixinal, o castelán? Este libro ten unha historia singular.