Publicado o 2 Decembro, 2019 nas categorías Biblioteca das Letras Galegas, Críticas, Poesía
Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica dos libros: Con pólvora e magnolias e Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 20 Febreiro, 2017 nas categorías Poesía, Presentacións
O xoves, 23 de febreiro, 2017, ás 20:15 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1, Lugo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero.
No acto acompañarán ao autor Claudio Rodríguez Fer e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 2 Febreiro, 2017 nas categorías LibroX, Presentacións
O martes, 7 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo de Francisco Pillado e Xavier Seoane (coords.).
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2011 nas categorías Autores, Exposicións, Poesía
A Casa das Artes de Vigo acolle, entre o 25 de febreiro e o 20 de marzo, a exposición Vermellas. Chamábanlles rojas, baseada no poemario de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Xerais hai dous anos, Ámote vermella. A exposición céntrase, igual que o poemario, nas mulleres que sufriron a represión en Galicia logo do golpe militar de 1936 debido á súa ideoloxía de esquerdas.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Crónica, Narrativa, Poesía, Xerais_nos_medios
Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2009 nas categorías Crónica, Historia, Narrativa, Poesía, Premios, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais.
Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2009 nas categorías Autores, BLG, Crónica, Homenaxes, Infantil, Merlín, Noticias, Reedicións
Como ben recorda Galicia hoxe, tal día coma hoxe de hai dez anos morreu Uxío Novoneyra, o grande poeta ao que renderemos homenaxe ao vindeiro 17 de maio.
Ler máis →
Publicado o 13 Maio, 2009 nas categorías Feiras_do_libro, Fóra_de_colección, Poesía
Xerais preparou o seu programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Lugo que se inaugurará o sábado, 16 de maio e se desenvolverá deica o 24 de maio.
Sábado, 16 de maio
19.45 Inauguración oficial. Pregón a cargo do escritor Xabier P. DoCampo.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2009 nas categorías Críticas, Poesía, Xerais_nos_medios
Isaac Lourido publica hoxe no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia unha crítica d’ Ámote vermella o poemario de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.
Ler máis →
Publicado o 29 Marzo, 2009 nas categorías Opinións_lectores/as, Poesía, Xerais_nos_medios
Recollemos o comentario que sobre Ámote vermella, o poemario de Claudio R.Fer, ilustrado por Sara Lamas, publica o blog Trafegando ronseis.
Claudio Rodríguez Fer xunto coa ilustradora Sara Lamas presentan un libro fermoso tanto pola edición como pola idea: un poemario dedicado ás mulleres represaliadas e esquecidas da nosa terra: Ámote vermella.
Ler máis →
Publicado o 25 Marzo, 2009 nas categorías Poesía, Presentacións
Eis a crónica da presentación recital do pasado luns en Lugo de Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer.
Ler máis →
Publicado o 22 Marzo, 2009 nas categorías Noticias, Poesía, Presentacións
Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pr Sara Lamas presentarase mañá, luns, 23 de marzo, ás 19:00 horas na sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo. No acto participará o autor, que recitará parte dos poemas do libro, xunto co editor Manuel Bragado. Esta presentación recital de Ámote vermella encádrase dentro do proxecto exposición Vermellas. Chamábanlles “rojas”.
Ler máis →