Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: club_de_lectura_sete_vidas

Dolores Redondo estará o vindeiro domingo nun Vermú literario con polbo á feira nunha sesión de Espazo Lectura en Gondomar

A escritora  Dolores Redondo estará o domingo 6 de outubro en Gondomar, participando nun Vermú literario con polbo á feira, dentro dunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro O gardián invisible.

María Reimóndez estará no club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, o próximo 2 de abril con «En vías de extinción»

A escritora María Reimóndez estará o próximo 2 de abril no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela En vías de extinción.

María Xosé Queizán estará mañá en Gondomar para falar de «Meu pai vaite matar» cos lectores e lectoras de Espazo Lectura

A escritora María Xosé Queizán estará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela Meu pai vaite matar.   María Xosé Queizán no club de lectura Sete Vidas O martes 6 de novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas.

«Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán, centrará a seguinte sesión do Club de Lecura Sete Vidas, de Espazo Lectura

O libro Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, centrará a próxima sesión do Club de Lecura Sete Vidas, dedicado á narrativa, que organiza a asociación Espazo Lectura e se celebra na Biblioteca Municipal de Gondomar. A autora do libro, María Xosé Queizán, estará presente na sesión para compartir a súa visión do libro con todos e todas os asistentes.

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo participará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011.   A novela «Os fillos do mar» no club Sete vidas Este martes 5 de xuño o club de lectura Sete vidas pecha a tempada cunha sesión na que falaremos da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, editada por Xerais.

Xavier Queipo estará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, con «Extramunde»

Xavier Queipo estará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, con «Extramunde»

O escritor Xavier Queipo  participará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, dedicado á narrativa, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Extramunde, Premio Xerais 2011. O premio Xerais de novela, Xavier Queipo, no Sete Vidas deste mes Este martes, 13 de marzo, a partir das 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas.

«Peaxes», de Santiago Lopo, pechou onte a tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura

A novela Peaxes, de Santiago Lopo, pechou onte a última sesión desta tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar. O acto, que contou coa presenza do autor, desenvolveuse a partir das 20,00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Peaxes da conta ollada sobre os demais que lanza o cobrador da peaxe dunha autoestrada.

Cid Cabido estará hoxe en Gondomar con «Unha historia que non vou contar» da man de Espazo Lectura

O escritor Cid Cabido estará esta tarde en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro Unha historia que non vou contar. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar. A partir dese momento, será o propio autor quen comparta as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

«Dime algo sucio» no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura

Hoxe, martes, 2 de febreiro, na Biblioteca Municipal de Gondomar, Espazo Lectura organiza a sesión mensual do seu Club de lectura Sete Vidas centrado na narrativa. Nesta ocasión, o libro escollido é a última novela do escritor Diego Ameixeiras titulada Dime algo sucio.

Rosa Aneiros presenta «Sol de Inverno» en Gondomar

Hoxe celébrase na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión de decembro do Club de Lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura arredor de Sol de Inverno, a obra da escritora Rosa Aneiros gañadora da última edición do Premio Xerais de Novela. Pódese completar a información aquí.

«Festina lente», presentación en Gondomar

A libraría Libraida, en colaboración con Edicións Xerais, organiza un encontro co escritor Marcos Calveiro, autor de Festina lente, a novela proposta no club de lectura Sete Vidas para o mes de outubro. O acto, presentado polo profesor Manuel Candelas, celebrarase este venres, 23 de outubro, ás 20.30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro núm. 13, Gondomar).