Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: club_faro_de_vigo

Presentación en Vigo de “Cobiza” de María Reimóndez

O venres 26 de febreiro ás 20:00 horas, no Salón de Actos do MARCO, rúa do Príncipe 54 de Vigo, terá lugar a charla-coloquio “Distopía, feminismos e subversións” unha conversa arredor da novela Cobiza de María Reimóndez. Neste acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Eva Mejuto (escritora e xestora cultural), Anxos Rial (docente; membro do xurado do Premio Pinto e Maragota) e María Reimóndez.

Presentación de “Un señor elegante” de Suso de Toro

O mércores 3 de febreiro de 2021, a partir das 20 horas, dentro dos actos organizados polo Club Faro de Vigo, terá lugar a conversa arredor da novela Un señor elegante de Suso de Toro. No acto, retransmitido vía streaming en www.farodevigo.es, participarán Ramón Nicolás e Suso de Toro.

Presentación en Vigo de “Zona a Defender” de Manuel Rivas

O luns 25 de xaneiro de 2021, ás 20:00 horas, no Salón de actos do MARCO, rúa do Príncipe 54 de Vigo, terá lugar a charla-coloquio arredor do libro Zona a Defender de Manuel Rivas. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “A lavandeira de San Simón”

O luns 11 de xaneiro ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro A lavandeira de San Simón de Eva Mejuto, ilustrado por Bea Gregores. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, intervirán Eva Mejuto, Bea Gregores e Fran Alonso.

Charla-coloquio arredor de “Infamia” de Ledicia Costas, en Vigo

O mércores 11 de decembro ás 20 horas, no  Auditorio Municipal do Areal, terá lugar unha charla-coloquio (Unha aproximación ás manadas e aos abusos na infancia) arredor da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado polo Club Faro,  intervirán Ledicia Costas e Rafa Valero.

Presentación en Vigo de “Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a1975. A ‘longa noite’ “

O martes 9 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975” de Xosé Ramón Pena, autor de “Historia da Literatura Galega“. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e   X. L. Méndez Ferrín.

«O merecido recoñecemento a unha autora pioneira e referencial na literatura infantil e xuvenil en galego.» Anotación de Manuel Bragado en «Brétemas» sobre a homenaxe en Vigo a María Victoria Moreno

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a homenaxe a María Victoria Moreno desenvolvida no Club Faro de Vigo, e na que participaron tamén os autores Xavier Senín e Isabel Soto.

A enorme riqueza gráfica celta da área metropolitana de Vigo: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Reportaxe de Ágatha de Santos

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Ágatha de Santos sobre a presentación, no Club Faro, do libro  Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Charla-coloquio arredor de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O luns 18 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, organizado polo Club Faro de Vigo, terá lugar a charla-coloquio titulada “A Reconquista: unha mirada diferente á historia de Vigo” que impartirá Pedro Feijoo, autor de Os fillos do lume. Presenta o acto Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O venres, 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, En Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Antón Patiño e Manuel Rivas.

Homenaxe a Cameselle

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica da presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) celebrada o mércores 18 de decembro no Club Faro de Vigo. A presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) no Club Faro de Vigo constituíu unha homenaxe moi emocionante ao fotográfo Guillermo Cameselle.

O fotógrafo que plasmou a Transición: « Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Reportaxe de Fernando Franco

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre o acto de onte no Club Faro sobre Cameselle no que se presentaba Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005).