Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: como_defenderes_os_teus_dereitos_lingüísticos

«Non hai noite tan longa» e «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», mellores libros de ficción e non ficción de 2011 para os usuarios de Redelibros

«Non hai noite tan longa» e «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», mellores libros de ficción e non ficción de 2011 para os usuarios de Redelibros

Os usuarios/as de Redelibros, a rede social galega do libro, votaron nestes últimos días para elixir os mellores libros e iniciativas deste 2011. Logo dunha primeira selección das obras finalistas e un período para votar entre as candidaturas, a rede social fixo públicos os gañadores. Tanto o mellor libro de ficción e como o mellor libro de non ficción deste 2011 son de Xerais.

Presentación no Carballiño de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O venres, 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Cervexaría Eira das Flores no Carballiño, terá lugar o acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos linguísticos de Carlos Callón. Na presentación, organizada pola MESA do Carballiño coa colaboración da Libraría Escolma, participarán Eladino Cabanelas e Carlos Callón.

Para vivir en galego: Crítica de Isabel Vaquero sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

Isabel Vaquero, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu unha recensión crítica sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón para O Cartafol, o boletín electrónico deste servizo. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos «Cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posibles».

Presentacións en Lugo e As Pontes de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón

O vindeiro xoves, 3 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto, no que intervirán Antón Bao (Tenente de Alcalde), Carlos Vello (Responsable da Mesa en Lugo) e o autor, organízase no Centro Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros de Lugo. O venres, 4, ás 20:30 horas, preséntase na Biblioteca Municipal das Pontes.

Usar, escoller e solicitar o galego, con «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

Usar, escoller e solicitar o galego, con «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

O Faro de Vigo publicou a noticia da presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón, en Lalín. Despois de publicar o ano pasado En castellano no hay problema, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística edita, da man de xerais, o volume Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, en prol dunha maior equidade entre as linguas cooficiais de Galicia.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Lalín o vindeiro venres

O próximo venres, 21 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto, no que intervirán Luis Couto (responsable da MESA no Deza) e o autor, terá lugar no Museo Ramón Aller, rúa Ramón Aller, 9 en Lalín.

Crítica de Marga Romero sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos» de Carlos Callón

Crítica de Marga Romero sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos» de Carlos Callón

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Marga Romero do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. Para vivirmos en galego Contra o cansaxo e a resignación As obras de Carlos Callón (Ribeira, 1978), desde Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005), até Amigos e sodomitas.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ponteceso o vindeiro venres

O próximo venres, 7 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto, no que intervirán Silvana Castro, Pepe Alborés e Carlos Callón, terá lugar na libraría A Tenda dos Libros, Avda Anllóns, 2 baixo en A Trabe-Ponteceso.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Compostela o próximo mércores

Este mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón, presidente da MESA.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Pontedeume o próximo venres

Este venres (sexta feira), 30 de setembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Pontedeume acollerá a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, manual práctico da autoría de Carlos Callón, presidente da MESA. No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirá Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo e o autor.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.