Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: como_defenderes_os_teus_dereitos_lingüísticos

Hoxe Manuel Rivas e Carlos Callón na Feira do Libro da Coruña

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por  Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu  libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.

Hoxe Agustín Fernández Paz na Feira do Libro da Coruña

Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por Agustín Fernández Paz que conversará con Óscar Sánchez e Iago Martínez sobre Non hai noite máis longa a súa novela máis recente. Mañá, mércores, Manuel Rivas presentará a súa novela Todo é silencio e Carlos Callón o libro Como defenderes os teus dereitos lingúísticos.

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, presentación no Festigal

Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” from Redelibros on Vimeo. Moitas grazas a Redelibros.

Entrevista con Carlos Callón sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», en Radiofusión

Entrevista con Carlos Callón sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», en Radiofusión

Radiofusión (a programación das Radios Municipais Galegas) realizou unha entrevista con Carlos Callón sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, publicado na colección Crónica. A entrevista pode ser escoitada aquí en mp3 mp3.

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira. ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas. ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .

Presentación de «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, o domingo 24 no Festigal, en Compostela

Presentación de «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, o domingo 24 no Festigal, en Compostela

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, será presentado no marco do Festigal 2011, o domingo 24 de xullo ás 18.30 h. No acto intervirán a maxistrada do Xulgado do Social de Lugo Dalila Dopazo, Anxo Louzao, Carlos Outeiro e o editor Manuel Bragado.

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón, novidade do mes de xullo na colección Crónica

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».