Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_cariño

Presentación en Cariño de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 15 de xaneiro de 2016, ás 19:00 horas, no Local Social da Casa do Concello, Avda da Paz, 2 de Cariño, terá lugar a presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto organizada polo Concello de Cariño. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar.