Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_redondela

«A lavandeira de San Simón» estará nos actos de homenaxe do Concello de Redondela ás mulleres que axudaron aos presos da illa na Guerra Civil. Anotación no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, con motivo da súa distribución durante o programa de actividades que organiza o Concello de Redondela para homenaxear ás mulleres que axudaron aos presos da illa durante a Guerra Civil e a posguerra. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A reedición do libro «Estirpe», de Méndez Ferrín, encheu o Multiusos de Xunqueira de Redondela. Noticia no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre a presentación do libro: Estirpe, de X. L. Méndez Ferrín, no Multiusos de Xunqueira de Redondela o día 13 de xuño de 2019. O libro gañou o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1995, e está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.