Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: conexión_macarrón

Un libro que será un éxito entre a rapazada: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez, publicado por Xerais na colección Merlín.   ‘Recensión: Ledicia Costas, «Conexión Macarrón»   Conexión Macarrón é un destes títulos que sorprenden pola gran cantidade de contido que hai neles en apenas unhas poucas páxinas.

Desfile de extraterrestres: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O suplemento Faro da Escola, do xornal Faro de Vigo, publicou unha noticia asinada por Fran G. Sas sobre a charla que ofreceu a escritora Ledicia Costas a un grupo de alumnos de Primaria sobre o libro: Conexión Macarrón, publicado por Xerais na colección: Merlín. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha obra moi recomendable que nos ensina que a vida tamén é soñar e quererse moito: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Un libriño que nos leva a explorar novos mundos sen saír do edificio no que residimos: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Un libro que defende a necesidade de vivir experiencias inesquecibles: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.   Conexión Macarrón, de Ledicia Costas (Xerais)   “Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”.

Unha historia curta, concentrada e moi densa en termos de imaxinación: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Conexión Macarrón de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Espe e Rino coñecen un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, que resulta ser un extraterrestre

Conexión Macarrón , de Ledicia Costas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar.