Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: conexión_tubinga

«Conexión Tubinga», crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas« de La Voz de Galicia unha crítica sobre Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal finalista do Premio Xerais 2008. A BUSCA DA PROPIA LIBERDADE Non debería omitirse un comentario a unha novela aparecida hai xa algúns meses nas nosas librarías.

«Conexión Tubinga»

«Conexión Tubinga»

No blog Trafegando ronseis publícase unha anotación moi interesante de Thalía Troitiño sobre a súa lectura de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal. Este libro, Conexión Tubinga de Alberto Canal, conta a historia dun mozo que está estudando no Seminario.

As mellores novelas de 2008

Énchenos de satisfacción que o crítico X.M. Eyre escolla oito dos nosos títulos do pasado ano entre as mellores novelas de 2008. Sen dúbida, unha moi boa colleita.

Finalistas do Premio San Clemente

Conexión Tubinga de Alberto Canal e O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, novelas ambas as dúas editadaspola editorial (finalistas e gañadora, respectivamente, do premio Xerais 2008), xunto con Memoria das cidades sen luz de Inma López Silva son as tres obras declaradas finalistas da XVª edición do premio Arcebispo Juan de San Clemente na categoría de mellor novela galega.

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os gañadores do premio Xerais de Novela 2008 visitan hoxe «Libro aberto», o programa de literatura da Televisión de Galicia. Na Biblioteca Nacional de Galicia da Cidade da Cultura, será entrevistado o escritor Manuel Lourenzo González, gañador do premio Xerais con O xardín das pedras flotantes.

Entrevista a Alberto Canal en «Galicia Hoxe»

Entrevista a Alberto Canal en «Galicia Hoxe»

Hoxe aparece na sección «Maré» de Galicia Hoxe unha entrevista a Alberto Canal, autor da novela Conexión Tubinga, que foi finalista dos Premios Xerais de Novela 2008. Recollemos un fragmento: Conexión Tubinga está escrita cunha linguaxe sinxela e directa. “Dicía Kundera que escribía novelas fáciles de ler pero difíciles de entender.

«Conexión Tubinga», primeira crítica

«Conexión Tubinga», primeira crítica

Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura» o que é a primeira crítica de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.

Novidades literarias, recomendacións da «Revista das Letras»

Novidades literarias, recomendacións da «Revista das Letras»

Entre as recomendacións de novidades literarias do número de hoxe do suplemento «Revista das letras» de Galicia de hoxe hai tres da editorial: Conexión Tubinga, a novela finalista do Premio Xerais 2008 de Alberto Canal; O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide 2008 de Jaureguizar; e  Amor amén, o primeiro poemario de Iolanda Zúñiga.

Conexión Tubinga blog

Conexión Tubinga blog

Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.

«Conexión Tubinga», presentación en Ourense

«Conexión Tubinga», presentación en Ourense

Mañá, xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas na libraría Torga de Ourense presentarase Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do premio Xerais 2008. No acto acompañará ao autor Fran Alonso. O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus.

«Conexión Tubinga», finalista do Premio Xerais de novela 2008

«Conexión Tubinga», finalista do Premio Xerais de novela 2008

A vindeira semana aparecerá nas librarías Conexión Tubinga, a primeira novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008. O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus.