Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cóntame_un_conto_cuántico

Juanjo Lamelas: «A mecánica cuántica é unha teoría controvertida e misteriosa que moitas veces ofende a nosa forma de entender o mundo». Entrevista en «Nós Diario» sobre: «Cóntame un conto cuántico»

O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Ana Triñáns ao escritor e divulgador científico Juanjo Lamelas sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia.

Juanjo Lamelas: «Para entender a mecánica cuántica hai que ter moita imaxinación». Entrevista no xornal «La Región» sobre o libro: «Cóntame un conto cuántico»

O xornal La Región publicou unha anotación sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, de Juanjo Lamelas, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Juanjo Lamelas: «Fascíname a ciencia e gústame achegala a todos os públicos». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre o libro: «Cóntame un conto cuántico»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, de Juanjo Lamelas, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Juanjo Lamelas: «Calquera persoa con inquietude científica pode recorrer este libro con tranquilidade». Entrevista no «Diario Cultural» da Radio Galega sobre: «Cóntame un conto cuántico»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor e profesor Juanjo Lamelas sobre o libro: Cóntame un conto cuántico, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Cóntame un conto cuántico», de Juanjo Lamelas: Un achegamento á física cuántica da man dun divertido protagonista chamado Electroncio

Cóntame un conto cuántico, de Juanjo Lamelas, é unha novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais. Neste libro, Juanjo Lamelas explica a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive.