Publicado o 13 Novembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 19 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, terá lugar a presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
No mesmo acto proxectarase o documental “Dos gaiteiros do mar”.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 30 de outubro, ás 21:00 horas, no Bar Plaza, praza de Compostela, 11, de Ribeira, terá lugar a performance musical “Océano para Terrícolas” sobre o libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
No acto participarán Jandro Ayaso do Ateneo Valle-Inclán, José Pazó da Cofradía da Dorna e Xurxo Souto.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xornal Sermos Galiza publica unha información sobre a presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto en Barcelona a través dunha performance interactiva.
CUMPRE A SÚA 5ª EDICIÓN
Xurxo Souto leva os Contos do mar de Irlanda a Barcelona
Esta cuarta feira, 14 de outubro, Xurxo Souto levará a Barcelona o arrecendo do mar cunha nova presentación de Contos do Mar de Irlanda.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 14 de outubro, ás 19:30 horas, no Patí Llimona, Carrer del Regomir, 3, Barcelona, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto arredor do libro Contos do mar de Irlanda.
No acto, organizado pola AC.GB (Asamblea Cultural Galega de Barcelona), colaboran o Departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona e o Centro Cívic Pati Llimona.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 9 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal e organizada pola Asociación de Maiores de Cedeira, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do documental “Dos gaiteiros do mar”. Ao remate haberá unha sesión sonora con Manolo Bacalhau e Grandes Talentos de Cedeira.
Ler máis →
Publicado o 2 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 8 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas” (presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto) na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, O Seixo, en Mugardos.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 2 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Day, Estrada da Gándara, 141 de Narón, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda.
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.
Ler máis →
Publicado o 15 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 17 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural A Casa do Forno, rúa Grande, 61 de Celeiros, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda.
No acto, organizado polo Colectivo Chilindrín Penalba, intervirán Bernardo Fraga e Xurxo Souto.
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia.
Ler máis →
Publicado o 11 Setembro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.
MAR DE IRLANDA, MÍTICO MAR DE IRLANDA
A meirande parte de libros que dá á luz unha literatura podémolos cualificar como “libros de mantemento”, non achegan nada do outro mundo mais condenalos ao esquezo tamén sería un tanto inxusto.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O domingo, 13 de setembro, ás 21:30 horas, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto, organizado polas Festas da Parrocheira, será no Peirao Curuxeiras de Ferrol.
Ler máis →
Publicado o 4 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 5 de setembro, ás 18:00 horas, nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra do Miño, dentro dos actos organizados polo Festival da Poesía no Condado, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Libro–disco, Narrativa, Presentacións
O sábado, 25 de xullo de 11:00 a 22:00 horas, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, a Romaría dos Libros acollerá actividades dos seguintes libros publicados por Xerais:
14:00 horas: Concerto didáctico-lúdico a redor do libro Sira e o robot. Adventures on Titan de Miguel Mosqueira e Mark Wiersma.
21:00 horas: “Océano para terrícolas”.
Ler máis →