Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contos_do_mar_de_irlanda

Actos de Xerais na Feira do Libro de Rianxo

Do 23 ao 26 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Rianxo na que Xerais organiza os actos: 23 de xullo Ás 20:30 horas, presentación de Un animal chamado néboa de Ledicia Costas Ás 21:oo horas, presentación de Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, coord.

Presentación en Pontedeume de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 18 de xullo, ás 20:00 horas, no Patio da Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a performance interactiva “Océano para Terrícolas” de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda. O acto está incluído dentro das actividades de celebración da Festa da Patria que organiza o Colectivo Terra de Pontedeume.

Presentación en Burela de “Contos dos mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 6 de xuño, ás 18:00 horas, no C. S. Xebra, rúa Leandro Cucurny, 19 de Burela, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. Esta presentación está organizada dentro dos actos da celebración do II Aniversario de C. S. XEBRA.

Presentación en Bruxelas de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 27 de maio, ás 19:00 horas, en La Tentatión: Centro Galego de Bruxelas, Lakensestraat 28, 1000 Bruxelas, Bélxica, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto tamén terá lugar a Performance “Océano para terrícolas”: Xurxo Souto, con alegría e humor,  interpretará as súas propias composicións co seu acordeón diatónico.

Xurxo Souto: «O Atlántico é un círculo»

Jaureguizar publicou en El Progreso unha información sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xerais na Feira do Libro de Compostela

Do 1 ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos: 1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras. 3 de maio, domingo 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.

Xerais na Feira do Libro de Ferrol

Do 22 ao 26 de abril, terá lugar a Feira do Libro de Ferrol na que actuará como pregoeiro o escritor Xabier P. DoCampo e na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 24 de abril, venres, 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda. Día 26 de abril,  domingo, 12:00 h.

Presentación en Redondela de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O martes, 7 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela -dentro da VII Semana do Libro de Redondela-, Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical de Contos do mar de Irlanda.

Presentación en Ourol de “Contos do mar de Irlanda”

O sábado, 28 de marzo, ás 20:00 horas, dentro da xornada de celebración do primeiro aniversario da Asociación Aturuxeiros, Xurxo Souto presenta, no local social Bravos de Ourol, o seu libro Contos do Mar de Irlanda. Alén do autor, participarán tamén, Manuel Lamelas e Manu Rodríguez, dous protagonistas do libro, mariñeiros de Bravos que traballaron decote na auga do Gran Sol.

Presentación en Pontevedra de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, dentro do ciclo “En paralelo: Noites de literatura e cine”, Xurxo Souto presenta “Océano para terrícolas”, unha parolada-concerto para embarcármonos nas mil travesías do seu libro Contos do mar de Irlanda.

«Contos do Mar de Irlanda», de Xurxo Souto, mellor libro do ano nos Premios Irmandade do Libro que conceden os libreiros

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto resultou elixido a noite do pasado sábado como mellor libro do ano nos Premios Irmandade do Libro que se entregaron na Cidade da Cultura. Ao tempo, a escritora Yolanda Castaño foi galardoada co recoñecemento de autora do ano.

Presentación en Melide de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 7 de marzo, ás 19:00 horas, en Casa Alongos, Camiño Vello de Melide, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, no que tamén se presentará Cume do Avia (viños do Ribeiro de elaboración tradicional), participarán Xurxo Souto e  os poetas Antom Laia e Teresa Ramiro.