Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contos_do_mar_de_irlanda

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

Dentro da ruta “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña”, Xurxo Souto recala este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas,  na librería Nova Colón, rúa San Andrés, 112, cos seus Contos do Mar de Irlanda Nesta cita para reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos.

Xurxo Souto homenaxea a María Antonia, a muller que deu nome a un mar

Sermos Galiza publicou unha información sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Xurxo Souto homenaxea a María Antonia, a muller que deu nome a un mar María Antonia rexentaba unha tenda mítica de referencia para os mariñeiros.

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 11 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza do Libro, 12 na Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto terá lugar a homenaxe a María Antonia unha muller de Santa Lucía que lle deu nome a todo un mar. Dende o alto da Torre de Hércules -mar e horizonte- terrícolas e terrícolos enchemos o ollo cunha visión extraordinaria.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto e «Dende o conflito», de María Reimóndez encabezan os libros máis vendidos en Narrativa. «Escarlatina, a cociñeira defunta», a lista de literatura infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de novembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto  e  Dende o conflito, de María Reimóndez encabezan de xeito compartidos a lista dos libros máis vendido no  ámbito da narrativa.

Xurxo Souto estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Contos do mar de Irlanda»

Xurxo Souto estará mañá martes día 2 de decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar de Contos do mar de Irlanda.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do venres, 5 de decembro

Xerais preparou un programa de actividades para desenvolver no Culturgal 2014, do venres 5 ao domingo 7 de decembro, que como en edicións anteriores desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa do Venres 5 de decembro 11:30 a 12:15 horas: Espazo Infantil. Encontro con escolares de Anxo Fariña, autor e ilustrador da serie (5 títulos) Os Megatoxos.

“Vermú entre libros” da libraría Paz con “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 29 de novembro, ás 12:30 horas, Xurxo Souto participará no xa clásico “Vermú entre libros” que organiza a libraría Paz, rúa da Peregrina, 29 de Pontevedra. O xornalista Serafín Alonso conversará con Xurxo Souto sobre Contos do mar de Irlanda.

Presentación en Ribadeo de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 28 de novembro, ás 20:30 horas, en Amodiño TendaBar de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, Xurxo Souto evocará o ambiente dos “Contos do mar de Irlanda” ao compás da súa música.

Ledicia e emoción con Xurxo Souto e os seus «Contos do mar de Irlanda». Anotación dun lector

Un lector, Jorge Soto, publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Contos do mar de Irlanda “As cousas do mar non se contan na terra” contaba o Machín de Muxía. Hoxe viaxei alén do paralelo 48 grados N.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Marín

O xoves, 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Marín, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto, organizado en homenaxe a Tomé de Raxó e na memoria de José Dopazo Posse e Benito Lobeira, navegantes de Marín na auga do Gran Sol, está organizado pola Asociación Queremos Galego de Marín.

Xurxo Souto: «O mar, que é central, estaba oculto e ninguén nolo contaba». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda.     «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa» Cando fala de Contos do mar de Irlanda (Xerais), o escritor e músico Xurxo Souto entusiásmase co tesouro que transmite neste seu novo libro, esa épica do mar que non tivemos e que, ao seu ver, nos corresponde.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Ponteceso

O mércores, 5 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, Xurxo Souto presentará o seu libro  Contos do mar de Irlanda dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.