Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contos_do_mar_de_irlanda

Presentación en Santiago de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres 31 de outubro Xurxo Souto presentará no local da Troita Armada, nunha actividade organizada en colaboración coa Asociación Cultural “ O Galo”, o seu libro Contos do mar de Irlanda, ás 20.30 horas. Nun ambiente recollido teremos ocasión de disfrutar das súas historias, cantar un pouco e e ao final compartiremos uns pinchos con receitas e produtos dos nosos mares.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Agra de Orzán

O mércores, 22 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños Agra de Orzán, rúa Entrepeñas, 38 A Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto está organizado pola libraría Suévia e a propia Asociación de Veciños. E rematará cun concerto do grupo polifónico PARABÉNS, composto por un repertorio de cantigas referida á Coruña e o mar.

Ksal, un sorprendente pintor vigués rescatado en «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Vigo de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, que se converteu nunha reivindicación do sorprendente pintor vigués Ksado, rescatado na obra de Xurxo Souto.

Xurxo Souto: «O mar é o grande motor económico deste país»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Vigo de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 17 de outubro, ás 20,00 h., na Librería Cartabón, Rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado dentro da campaña “Os venres nas librerías”, participarán Manuel Bragado e Xurxo Souto.

Presentación en Esteiro-Ferrol de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 16 de outubro, ás 20,00 h., no Local da Fundaçom Artábria, Travessa de Batalhons, 7 en Esteiro-Ferrol, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Xurxo Souto: «O mar forma parte dese noso patrimonio que ninguén nos conta e dá historias moi fermosas». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda. A entrevista en audio pode escoitarse neste enlace.   Xurxo Souto: «Quixen atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte» Con tanto mar como temos, é posible que vivamos de costas a el? É.

Os «Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto navegan na Coruña

Os «Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto navegan na Coruña

Radiofusión publicou unha información sobre a presentación na Coruña de  Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, o libro galego de narrativa máis vendido durante os últimos tres meses.     Xurxo Souto publica Contos do Mar de Irlanda A publicación Inclúe mapa do Gran Sol con ollos –e nomes- galegos Os Contos do Mar de Irlanda chegan á “Croa da Cruña”.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto, libro máis vendido de narrativa en Galicia por terceiro mes consecutivo

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de setembro a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto continúa a ser o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa en Galicia.

Presentación en Ourense de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 15 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Agalleira, Praza de San Cosme, 1 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Xavier Paz e Xurxo Souto.

Unha marea de voces: Xurxo Souto adéntrase no mar de Irlanda. Reportaxe no Zigzag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe, entrevistando a Xurxo Souto polo seu libro Contos do mar de Irlanda.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto na Coruña

O mércores, 8 de outubro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 na Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Manuel Rivas, Felipe Senén e Xurxo Souto.