Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contos_do_mar_de_irlanda

Actos de Xerais na Feira do Libro de Foz

Do 27 ao 30 de agosto, terá lugar a Feira do libro de Foz na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 28 de agosto,  xoves 20:30 horas:   Presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. Día 29 de agosto,  venres 20:00 horas:   Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Actos de Xerais na Feira do libro de Monforte

Do 21 ao 24 de agosto, terá lugar a Feira do Libro de Monforte na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 21 de agosto,  xoves 20:00 horas:   Presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. Día 23 de agosto,  sábado 20:00 horas:   Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Viveiro

Do 14 ao 17 de agosto terá lugar a Feira do Libro de Viveiro na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 14 de agosto,  xoves 19:30 horas: Pregón de Xurxo Souto 20:00 horas:  Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. Día 16 de agosto,  sábado 20:00 horas:  Presentación do libroA voz do vento de Pemón Bouzas.

Presentación en Noia de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 30 de xullo, ás 20:30 horas, no Museo do Mar, rúa Malecón de Cadarso, s/nº de Noia, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto acompañará ao autor, o profesor da Universidade de Cork e director do Irish Centre for Galician Studies, Martín Veiga.

Actos de Xerais no Festigal 2014

A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).

Presentación en Bueu de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 23 de xullo, ás 21:00 horas, no Museo Massó, rúa Montero Ríos, s/nº de Bueu terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado pola librería Miranda, o Museo Massó e Xerais, participarán Manuel Bragado e Xurxo Souto. Imaxe: Mapa do Mar de Irlanda feita por Xurxo Souto.

As voces de xentes humildes do mar nun libro esponxa: «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.     Contos do mar de Irlanda Dediquei unhas cantas horas da tarde de onte a mergullarme nese océano narrativo que é Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Novidade: «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto. As cousas do mar que non se contan na terra

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, é unha novidade da colección Narrativa. «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África.