Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contra_a_morte_das_linguas_o_caso_galego

Miguel Moreira: «A situación actual do galego pode revertirse»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista de Nicolás Vidal a Miguel Moreira Barbeito sobre o seu libro Contra a morte das linguas. O caso do galego. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Xerais na Feira do Libro de Santiago 2014

Dende o 26 de abril ao 4 de maio, na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago (Foto: xoán a. soler. La Voz de Galicia), na que Xerais ten programados os seguintes actos: Día 28 luns 19:00 h.:  Presentación de Contra a norte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito con Teresa Moure e Manuel Bragado. 19:30 h.:  Sinatura de Pedro Feijoo 20:00 h.

Novidade: «Contra a morte das linguas. O caso do galego», de Miguel Moreira Barbeito

Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, é unha novidade da colección Crónica. Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local.

Miguel Moreira Barbeito: «Desde unha perspectiva ecolóxica, o número de falantes dunha lingua non repercute nas súa posibilidades comunicativas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a Miguel Moreira Barbeito sobre o seu libro Contra a morte das linguas. O caso do galego.