Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: corazón_de_chocolate

Jaureguizar: «A reacción dos rapaces con Tintimán é moi positiva: descubren que poden ler en galego cousas divertidas»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Alberto Ramos a Jaureguizar centrada na serie Tintimán, que consta xa de tres títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, e Amor de serea.

Tintimán, o booktrailer

Tintimán, a serie de Jaureguizar, reseñada no Galicia Hoxe

Este pasado domingo o xornal Galicia Hoxe publicou unha ampla noticia sobre a serie Tintimán, de Jaureguizar, que consta xa de dous títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

O Espazo Tintimán protagoniza o Nadalxogo de Compostela

O alcalde de Santiago coñeceu no serán de onte, os corazóns de chocolate! (e foi consciente de que son bombas calóricas) no Espazo Tintimán que se organizou no Nadalxogo de Santiago. Tamén informouse de quen é Tintimán (interpretado polo actor Alberto Rolán) e animoumo “a investigar esa seita”. O programa de actividades do Espazo Tintimán en Nadalxogo pode descargarse aquí.

Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Jaureguizar: «A terceira aventura da serie Tintimán estará ambientada en Vigo»

O escritor Santiago Jaureguizar presentou onte en Compostela a súa novela Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acompañado da concelleira de Educación, Mercedes Rosón e do director de Xerais, Manuel Bragado. O Concello de Santiago empregará o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promoiconar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Jaureguizar entrevistado en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez publica en Xornal de Galicia unha longa entrevista con Jaureguizar. Tras a publicación recnte das dúas primeiras entregas da serie «Aventuras de Tintimán», Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón, anuncia que corrixe o orixinal dunha nova novela para adultos.

«Corazón de chocolate» de Jaureguizar, crítica de María Navarro

FANTASÍA E HISTORIA Unha boa fórmula Unha nova colección de aventuras vén de irrumpir no panorama literario galego. Con dous títulos, Tintimán, pseudónimo de Uxío Lobo, acaba de chegar para instalarse entre os mozos aos que lles atrae o risco, a historia e as fortes emocións.

«Un misterio para Tintimán», nace un xove detective galego da man de Jaureguízar

A finais desta semana chegarán ás librarías os primeiros exemplares das dúas primeiras novelas coas que se dá a coñecer Tintimán, o xove detective galego creado por Jaureguízar: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.