Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: david_rodríguez

Presentación en Santiago de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto acompañarán ao autor Daniel Salgado e  Xosé Manuel Moo.

Presentación en Vigo de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 5 de abril de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto participarán Manuel Bragado e David Rodríguez.

Novidade: «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega», de David Rodríguez

O canastro sen tornarratos, subtitulado Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega, de David Rodríguez é unha novidade da colección Ensaio de Xerais. Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá.

Videopoemas sobre David Rodríguez, Manuel Rivas, Carlos Negro e Celso Emilio Ferreiro en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou varios vídeos realizados por alumnos e alumnas de Gracia Santorum a partir de poemas dalgúns libros e autores de Xerais.

Booktráiler da triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros, coas fotografías da campaña de Twitter

Hoxe publicamos un booktráiler feito por David Rodríguez sobre a triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros, que acaba de recibir hai unhas semanas o Premio Irmandade do Libro. A triloxía Ámote Leo A.

Esencia expresiva: «Lapidarias», de David Rodríguez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez.   Lapidarias. Os versos escuros Con que optimismo se achega un profesor a un libro cando este se produce por recomendación dun alumno! Pois con esta énfase merquei eu este libro, despois de oír ao meu alumno Isidro, unha e outra vez, que David Rodríguez era o seu heroe poético e que teño que buscar o xeito de coñecérmolo.

Un booktrailer para «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, que supera os 90.000 exemplares vendidos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, que supera estes días os 90.000 exemplares vendidos e se reedita unha vez máis apoiado por un booktrailer sobre o libro.   «Cartas de inverno», o booktrailer Hai libros que traen un pan dentro das súas páxinas. A novela Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz é un deles.

Cuestionando o mito da Movida. Anotación de David Rodríguez a partir de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso.

David Rodríguez publica no seu blog O Funambulista Coxo unha anotación, titulada «Fraga, Díaz Pardo, Transición  e outros fracasos», sobre a Movida viguesa a raíz do libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.

Tintimán, o booktrailer

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Lapidarias», de David Rodríguez, ao que califica de «impresionante poemario»

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez, baixo o título «Contraste do poeta atrapado». Reproducimos algúns fragmentos: Da apocalipse que atoparei -non do paraíso perdido- teño nostalxia (111) Abonda este poema para ensinar o estado de ánimo desde o que David Rodríguez escribe este impresionante poemario.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ” width=”600″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Lapidarias», de David Rodríguez

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión sobre Lapidarias. Os versos escuros, o poemario do escritor David Rodríguez. Reproducímola integramente: Debuta David Rodríguez como poeta, que non como autor teatral e ensaísta, con este Lapidarias.