Publicado o 24 Xullo, 2012 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Traducións
María Reimóndez está actualmente no estado indio de Támil Nadu e participará o vindeiro 28 de xullo no lanzamento da tradución ao támil de O deus das pequenas cousas (The God of Small Things, HarperCollins, 1997) de Arundhati Roy. Ao evento, que terá lugar en Chennai, capital de Támil Nadu, asistirán, entre outras persoas, a autora da obra, o editor Kannan Sundaram e María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 20 Xaneiro, 2012 nas categorías Clubs_de_lectura
O mércores, 25 de xaneiro, o Club de Documentación Feminista do Concello de Vigo e Implicadas no Desenvolvemento, organizan o club de lectura sobre o libro Despois da medianoite da escritora tamil Salma e traducido ao galego pola escritora e tradutora María Reimóndez.
O encontro terá lugar na Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e Vía secundaria, de An Alfaya.
Ler máis →
Publicado o 20 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma.
Como viven as mulleres musulmás na India
Imos comezar esta crónica coas palabras con que María Reimóndez remata o seu limiar: “Estas que nos abren a noite de par en par para buscar a luz do día”. Refírese ao texto da novela de Salma.
Ler máis →
Publicado o 19 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, diversos apuntes críticos sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma.
Ler máis →
Publicado o 15 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión de Dolores Martínez Torres sobre a novela Despois da medianoite, da escritora india Salma.
Escrita rebelde
O prezo de nacer muller
Nunha aldea preto de Thuvarankurichi, en Tamil Nadu, ao sureste da India, Rabia esgota os días da súa nenez.
Ler máis →
Publicado o 2 Setembro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
A revista Que Leer do mes de setembro inclúe unha entrevista de Ramón Nicolás ca escritora india Salma, autora de Despois da medianoite .
«SALMA Y EL DEBATE SOBRE LA MUJER MUSULMANA»
Invitada por la ONG Implicadas no Desenvolvemento, la escritora tamil Salma visitó Galicia y presentó Despois da medianoite (Xerais), publicada hasta sólo en su versión original y en inglés.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa, Traducións
Baixo o título «Salma e a delicadeza contundente», Xosé Manuel Eyré publica no seu blog algunhas consideracións en torno a Despois da medianoite , a novela de Salma.
Salma e a delicadeza contundente
Son moitas as cousas que me atraen do Despois da medianoite de Salma. Unha delas, como indica o título destas liñas é a delicadeza contundente da súa escrita nesta novela.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Traducións
Carmen Alonso publicou esta pasada fin de semana nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha entrevista con Salma, autora da novela Despois da medianoite .
Ler máis →
Publicado o 19 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Letras_galegas, Narrativa
Ramón Nicolás repasa no seu Breviario de Biblos algúns dos últimos títulos publicados por Xerais:
1. Entrevístase neste número de Biblos. Clube de Lectores a Agustín Fernández Paz e, en boa lóxica, ocupa moita atención nela o seu último libro: Non hai noite tan longa.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa, Traducións
Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión crítica sobre e Despois da medianoite, da escritora india Salma. Reproducimos os principais parágrafos:
Tan lonxe e tan preto
Ao longo de máis de seiscentas páxinas a escritora támil Salma preséntanos a situación de sometemento abafante en que vive a muller na comunidade musulmá de Támil Nadu.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
O Xornal de Galicia publicou unha recensión sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma, asinada por A. M.
Ler máis →