Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Día_das_letras_galegas_2010

Uxío Novoneyra, homenaxe do Club Faro de Vigo

Magnífico foi o nivel literario da homenaxe que onte o Club Faro de Vigo rendeu ao poeta Uxío Novoneyra diante dun salón ateigado. Comezou Branca Novoneyra sinalando a dedicación obsesiva do seu pai á poesía e súa alta palabra, subliñando que foi a intención da súa familia conseguir que fosen reeditados todas as súas obras nas condicións que o poeta definira.

«Uxío Novoneyra. Revisitado», crítica de Armando Requeixo

LECTURA AGRADECIDA Xosé Lois García, para alén do seu estimable traballo como poeta, ten gañado merecidamente a sona de ensaísta e investigador serio e rigoroso. Xusto por iso, a aparición dun novo volume seu é sempre garantía de contribución de interese certo. O que escribo vese confirmado en Uxío Novoneyra. Revisitado, xenuína achega ao particular cosmos creativo e vital do autor do Courel.

«Folerpas de Novoneyra» de Fran Alonso

Xa chegou ás librarías Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía, o libro que preparou Fran Alonso con motivo do Día das Letras Galegas 2010. Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010.

«Uxío Novoneyra. Revisitado» de Xosé Lois García

PRESENZA DE NOVONEYRA XOSÉ LOIS GARCÍA OFRECE UN ACHEGAMENTO Á BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA, XUNTO CUNHA INTERPRETACIÓN DA SÚA OBRA E DA TOTALIDADE DO SEU LEGADO Responsable da web dedicada a Uxío Novoneyra, teimoso divulgador da cultura lusófona e da nosa identidade en Cataluña, poeta, tradutor e ensaísta, Xosé Lois García (Lugo, 1945) ofrece nesta ocasión un libro singular que entendo como a súa particular homenaxe á fi

Xosé Lois García fala do seu amigo Uxío Novoneyra

Xosé Lois García, autor de Uxío Novoneyra. Revisitado, fala do seu amigo, o poeta do Courel, na entrevista que Francisco Albo publica na edición de Lemos de La Voz de Galicia. Reproducimos o texto polo seu indubidable interese: O escritor chantadino Xosé Lois García acaba de publicar a súa particular achega ás celebracións do Día das Letras Galegas do 2010.

«Os Eidos. Libro do Courel», edición en Xerais Clásicos no Ano Novoneyra

Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á terra e aos sentimentos de pertenza a esta.

«Uxío Novoneyra. Revisitado» de Xosé Lois García

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Uxío Novoneyra. Revisitado de Xosé Lois García. O libro recolle trinta traballos arredor da vida e da obra de Novoneyra preparados por un dos seus mellores amigos e responsable do espazo web dedicado ao poeta de Parada do Courel. Uxío Novoneyra.