Publicado o 13 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias
Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, continúa espertando expectación en distintos medios. Agora é o blog Letras e bits en Galicia e no mundo de El Correo Gallego, o que recolle a noticia da súa trama. A novela estará nas librerías a principios de outubro.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2010 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Reportaxes, Uncategorized, Xerais_nos_medios
O xornalista Óscar Iglesias publica no especial Luces de El País unha reportaxe sobre a incorporación de materiais reais na narrativa galega actual. Con tal motivo, fala con Ameixeiras sobre Asasinato no Consello Nacional, novela na que se fabula un crime vencellado ás leas nacionalistas.
A novela, publicada na colección Narrativa de Xerais, sairá á venda a finais deste mes de setembro.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Galicia hoxe faise eco da aparición na derradeira semana do mes de setembro de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Rodri García faise eco nas páxinas de La Voz de Galicia da próxima aparición de Asasinato no Consello Nacional, a vindeira novela de Diego Ameixeiras, ambientada no BNG e protagonizada polo detective Alberto Cupeiro. Para Ameixeiras «Cupeiro é moi distinto a Dopico, investiga outro tipo de intrigas, un mundo de política ficción e aquí a trama é máis real, máis pegada á actualidade».
Ler máis →
Publicado o 13 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Noticias, Xerais nos blogs
A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Alberto Ramos anuncia en Xornal de Galicia a publicación inminente da nova novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional. Unha novela de intriga na que o Alberto Cudeiro, un elegante detective con ínfulas taoístas, debe investigar o crime dun parlamentario do BNG nun momento político decisivo, feito que o levará a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
Gustoume esta última novela de Diego Ameixeiras, Dime algo sucio, novela coral con estrutura circular na que imos desfiañando anacos de vidas que nada teñen que ver entre si e que acabarán mesturándose por esas razóns que o destino ás veces nos ofrece, cunha lixeira (moi lixeira, a verdade) nota de esperanza ao final a pesar da violencia dalgunhas das súas páxinas.
Ler máis →
Publicado o 2 Febreiro, 2010 nas categorías Clubs_de_lectura, Narrativa, Noticias
Hoxe, martes, 2 de febreiro, na Biblioteca Municipal de Gondomar, Espazo Lectura organiza a sesión mensual do seu Club de lectura Sete Vidas centrado na narrativa. Nesta ocasión, o libro escollido é a última novela do escritor Diego Ameixeiras titulada Dime algo sucio.
Ler máis →
Publicado o 13 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
O pasado domingo, 10 de xaneiro, José Miguel A. Giráldez publica no suplemento dominicial de El Correo Gallego unha entrevista longa con Diego Ameixeiras, con motivo da publicación de Dime algo sucio.
Ler máis →
Publicado o 12 Xaneiro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
AMEIXEIRAS VÉN DE PUBLICAR UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA E INTRIGA DE VIDAS CRUZADAS QUE BEBE DAS NOVELAS POLICIAIS DE QUIOSCO
Sempre persoal, a mirada de Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976) tenos afeitos nesta curta e destacada carreira literaria a disparos acertados en forma de obras tan distintas como as primeiras Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), co detective Horacio Dopico como protagonista, e Tres segundos de memoria (
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
«Bajos instintos» é o título da crítica, asinada por A.M. Pedrosa, publicada nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC, de Dime algo sucio, a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Traducimos do castelán o primeiro parágrafo do texto:
É un solombo, é dicir, literatura.
Ler máis →
Publicado o 19 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Diego Ameixeiras amosa en Dime algo sucio que segue a madurar como narrador, versátil sen deixar de ser el mesmo.
Ler máis →