Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dobao

«Libro galego do ano», comezan as votacións na rede

Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais: Festina lente de Marcos Calveiro (novela). Atracción total de Carmen Blanco (narrativa). As mellores intencións de Begoña Paz (novela). O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).

“Incertos”, crítica

“Incertos”, crítica

Ramón Nicolás publica no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre Incertos de Antón Dobao. Pode lerse o texto clicando sobre a imaxe.

Quim Monzó e Sergi Pamies en galego

Quim Monzó e Sergi Pamies en galego

Coincidindo coa presenza en Santiago de Quim Monzó anunciamos a aparición nos meses do vindeiro verán da edición en galego de Mil cretins, o seu máis recente libro de relatos traducido dende o catalán pola profesora Helena González. Así mesmo, o escritor Antón Dobao ultima a tradución do libro de Sergi Pamies Si menges una llimona sense fer ganyotes.

“Incertos”, primeira crítica

“Incertos”, primeira crítica

Incertos, o primeiro libro de relatos de Antón Dobao, conta dende hoxe coa súa primeira crítica. Dolores Martínez Torres publica en Faro da Cultura un interesante traballo que debulla cada un destes contos sobre a identidade e a aparencia.

Presentación de “Incertos” de Antón Dobao

Presentación de “Incertos” de Antón Dobao

O xoves, 10 de abril, as 20:00 horas na Feira do Libro de Santiago, presentarase Incertos, o volume de relatos de Antón Dobao. No acto participarán Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e o autor. Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais.