Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dolores vilavedra

Novidade: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo. Unha investigación á procura da verdade na Ribeira Sacra. Premio Planeta 2016

Todo isto che darei, de Dolores Redondo, traducida ao galego por Dolores Torres París, é a novela gañadora do Premio Planeta 2016. Premio Planeta 2016 Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais. Extramunde, de Xavier Queipo Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa.

Dolores Vilavedra fala de Lois Pereiro a través da «Poesía completa» de Ana Acuña e dos libros de Marcos Calveiro e Iago Martínez

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Ensaio para tempos anestésicos» aborda algúns dos libros publicados por Xerais en torno á figura de Lois Pereiro. Reproducimos os fragmentos referidos: Na endeita de obras conmemorativas da nosa efeméride literaria anual salientan xa algúns textos que de certo están chamados a ser obras de referencia.