Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: domingo_tabuyo

O mellor Ramón Caride: «Liquidación de existencias». Texto de Domingo Tabuyo

O blog Novenoites publica a intervención de Domingo Tabuyo Romero na presentación do libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidando, que é xerundio “Con LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS regresa ao panorama literario, da novela curta ou dos relatos, o mellor Ramón Caride. Ese escritor poliédrico,  policreativo e multipremiado, e con cada vez, maior e merecidamente, mellor valoración na nosa Escrita.

Presentación en Cambados de “Liquidación de existencias” de Ramón Caride

O venres, 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias e Xeografías do deserto (libro CD) de Ramón Caride. No acto participarán Domingo Tabuyo, María Leyra, Manuel Bragado e o autor e tamén contará coa actuación musical dos participantes no libro CD: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

Jaureguizar publicou en El Progreso unha información sobre a novela novela  Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero Domingo Tabuyo sabe que a carne sueca é explosiva.

Presentación de «Svea Kött (carne sueca)», de Domingo Tabuyo, en Lugo o próximo venres 9 de setembro

O próximo venres 9 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Galerís Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4) a presentación da novela  Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O acto contará coa participación de de Xosé Orozco, do editor Manuel Bragado e propio Domingo Tabuyo.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Svea kött (carne sueca)», de Domingo Tabuyo

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Svea kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo. Reproducimos algúns parágrafos: O bo poeta pontevedrés que é Domingo Tabuyo, decidiu no ano 2002 apostar tamén pola narrativa. Froito daquel desafío foi a súa novela Carmín,que sen pasar desapercibida, non levantou demasiadas paixóns lectoras.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Domingo Tabuyo, autor de «Svea Kött (carne sueca)»

Manuel Vidal Villaverde publica no xornal Galicia Hoxe unha entrevista con Domingo Tabuyo, autor da novela Svea Kött (carne sueca).

Crítica de Armando Requeixo sobre «Svea kött. Carne sueca», de Domingo Tabuyo

Crítica de Armando Requeixo sobre «Svea kött. Carne sueca», de Domingo Tabuyo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre Svea kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Méndez Ferrín: a novela «Svea Kött», de Domingo Tabuyo, está moi de actualidade

Méndez Ferrín: a novela «Svea Kött», de Domingo Tabuyo, está moi de actualidade

Tanto Faro de Vigo como Diario de Arousa recolleron a nova da presentación de Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo, que tivo lugar o pasado venres 6 de maio en Cambados  coa participación de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o propio Domingo Tabuyo. Reproducimos a información do Faro de Vigo.

Presentación de «Svea Kött (Carne Sueca)», o próximo venres 6 en Cambados

O próximo venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar nas Adegas Martín Códax (Burgáns, 91 Vilariño) de Cambados a presentación do libro Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O acto contará coa participación de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o propio Domingo Tabuyo.

Presentacións de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Este sábado día 30 de abril arrinca a Feira do Libro de Santiago de Compostela, que será inaugurada ás 13:00 horas cun pregón de Diego Ameixeiras, de quen, recentemente, os libreiros elixiron Asasinato no Concello Nacional como Libro do Ano 2010. Informamos das presentacións de libros de Xerais na Feira do Libro de Santiago de Compostela: Día 30 sábado, 19:00 horas: Presentación de Svea Kött (carne sueca) de Domingo Tabuyo.

Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, unha novela negra para as novidades do mes de abril

A novela negra Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, é unha das novidades de Narrativa do mes de abril.