Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dores_tembrás

Acto conmemorativo do 25 Aniversario da publicación de “En salvaxe compaña” de Manuel Rivas

O venres 8 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar un acto literario musical en conmemoración do 25 aniversario da publicación de En salvaxe compaña de Manuel Rivas, Premio da Crítica 1994. No acto participarán Dores Tembrás, César Morán e Manuel Rivas.

Presentación do ensaio-manifesto «Contra todo isto», de Manuel Rivas, na librería Lume da Coruña. Intervención de Dores Tembrás

A presentación na Coruña do ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas, tivo lugar na librería Lume da e nel interviñeron, ademais do autor, Nicanor Acosta, Dores Tembrás e Fran Alonso.

Presentación na Coruña de “Contra todo isto. Un manifesto rebelde” de Manuel Rivas

O mércores 9 de maio de 2018, ás 20,00 horas, na Librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Contra todo isto. Un manifesto rebelde de Manuel Rivas. No acto acompañarán ao autor, Nicanor Acosta, Dores Tembrás e Fran Alonso.

Presentación na Coruña do libro “Os aforismos do riso futurista” coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane

O martes, 7 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo de Francisco Pillado e Xavier Seoane (coords.).

Presentación na Coruña de “O cuarto das abellas” de Antía Otero

O mércores, 14 de decembro, ás 20:30 horas, librería Linda Rama, Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro O cuarto das abellas de Antía Otero. No acto participarán Antía Marante, Dores Tembrás e Antía Otero.

Presentación na Coruña de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O xoves, 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto participarán Pepe Barro, Dores Tembrás e Anxo Angueiras.

As riscaduras na pel: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Dores Tembrás

Dores Tembrás publicou no seu blog o texto da súa presentación do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, na feira do Libro da Coruña.     «Raíz da fenda», de Berta Dávila Cinco fisuras, cento tres poemas que enfían raíces, que constitúen o itinerario da fenda, o eu poético sobrevive e está de volta para escriturar o que foi.

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica da terceira xornada na feira do Libro da coruña na que se presentou o libro de Berta Dávila Raíz da fenda. Antes de iniciar a conversa, Dores Tembras fixo un discurso contextualizador. Confesou que compartía con Berta «o amor por Valente e Pizarnik». Parabenizou despois a Xerais por incluír Raíz da fenda na súa recomendación de lecturas do vindeiro curso para Secundaria.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de “Dark butterfly” de Rexina Vega en Cambre

O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega. No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora. Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.