Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dragal

Dragal: un universo de alquimia, catacumbas, bibliotecas misteriosas, maxia e fantasía coa forza do dragón. Entrevista de Carme Vidal a Elena Gallego Abad

Carme Vidal publicou en Sermos Galiza unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a sús triloxía de Dragal.     «Gustaríame escribir un best-seller en galego» Quedamos con Elena Gallego Abad na entrada da catedral de Santiago cando vén de ver o Códice Calixtino que estes días está exposto no pazo de Xelmírez. Confesa que lle gustaría atopar os dragóns que hai tanto no libro como no templo.

Tertulia sobre a triloxía Dragal en Pontevedra

O vindeiro xoves, 26 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar, na libraría Kronopios de Pontevedra, unha tertulia sobre a triloxía de Dragal de Elena Gallego. Neste acto, organizado por Onda Cero Pontevedra, os lectores/as poderán conversar coa autora.

Elena Gallego Abad: «Dragal é perfectamente adaptable ao cine»

Paloma Muleiro publica en Faro de Vigo unha entrevista a Elena Gallego Abad, que presentou na Feira do Libro de Vigo Dragal III. A fraternidade do dragón.

Dragal, o dragón galego que nos abre as portas á historia de Galicia. Entrevista con Elena Gallego Abad en «Galicia por diante»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, conducido por Kiko Novoa, emitiu onte  entrevista econ Elena Gallego Abad sobre o seu libro Dragal III. A fraternidade do dragón. Elena Gallego asegura que non lle molesta que comparen os seus libros ca serie de Harry Potter, de J. K. Rowling e comenta que a súa intención inicial non era escribir unha triloxía.

Presentación de «Dragal III. A fraternidade do dragón» na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego. No acto intervirán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e a autora.

Entrevista con Elena Gallego en Radiofusión. «Dragal III. A fraternidade do dragón» pecha a triloxía co reto de cumprir o xurarmento

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Elena Gallego Abad sobre o seu libro Dragal III. A fraternidade do dragón. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.

O Universo «Dragal» de Elena Gallego: mil páxinas trepidantes cheas de sopresas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog Brétemas, unha anotación sobre a presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad. Así mesmo, o Faro de Vigo tamén recolleu a nova da presentación.   Universo Dragal Presentamos en Cangas, nas instalacións de FECIMO, a última entrega da triloxía do «Universo Dragal».

A nova historia do último dragón galego preséntase hoxe en sociedade. Volve «Dragal» da man de Elena Gallego

Faro de Vigo dá conta da presentación que terá lugar hoxe en Cangas do libro Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad.

Elena Gallego Abad: «Convivir tres anos cun dragón non resulta doado». Entrevista de Manuel Jabois

O xornalista Manuel Jabois publicou unha entrevista no Diario de Pontevedra con Elena Gallego Abad sobre Dragal III. A fraternidade do dragón.   «Convivir tres anos cun dragón non resulta doado» —Vén de publicar con Xerais Dragal III. Canto madurou a triloxía? —Agardo que o suficiente para sorprender e conquistar aos lectores que xa se atreveron a mergullarse nas páxinas de Dragal I e baixar ás catacumbas de Dragal II.

Novidade: «Dragal III. A fraternidade do dragón», de Elena Gallego Abad

Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad, é unha das novidades de Fóra de Xogo para este verán. Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.

Booktrailer de Miguel Abad da triloxía «Dragal» de Elena Gallego

Miguel Abad prepararou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego este fantástico booktrailer.

Elena Gallego: «A literatura é unha experiencia de liberdade»

Elena Gallego: «A literatura é unha experiencia de liberdade»

A xornalista Vanesa Oliveira publicou en Dioivo unha entrevista con Elena Gallego, na que tamén fala da súa novela Dragal.   «O desprestixio dos xornalistas levou a convertérmonos en bazofia á vista da sociedade» Elena Gallego Abad atesoura 25 anos de experiencia como xornalista.