Publicado o 3 Maio, 2012 nas categorías Autores, Entrevistas, Fóra de Xogo
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publica unha entrevista de Lourdes Varela con Elena Gallego con motivo da concesión do VIII Premio Frei Martín Sarmiento á súa novela Dragal.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2012 nas categorías Fóra de Xogo, Premios, Xuvenil
Onte fallouse en Compostela o VIII Premio Frei Martín Sarmiento. Dragal, de Elena Gallego resultou gañadora nas categorías de 1º e 2º da ESO. Trátase dun premio simbólico para a literatura infantil e xuvenil galega, cun xurado composto polos propios estudantes dos centros de ensino, que son quen deciden o premios que se outorgan en cada categoría.
Dragal.
Ler máis →
Publicado o 3 Febreiro, 2012 nas categorías Autores, Noticias
O dragón galego xa conta cunha nova páxina web, con novas seccións e espazos dedicados aos lectores da triloxía de Dragal, da que é autora Elena Gallego Abad.
En www.dragal.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2012 nas categorías Centros de ensino, Conferencia, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog da Biblioteca Secundaria do Colexio San Narciso publicou unha información sobre a visita ao centro de Elena Gallego Abad para falar do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra baixo o denominador común de «novelas de aventuras para a mocidade» na que aborda dous títulos da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.
Ler máis →
Publicado o 20 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
El Correo Gallego publicou onte unha recensión crítica de Geovana Gentili sobre a novela Dragal, de Elena Gallego Abad. Dragal, editada na colección Fóra de Xogo e subtitulada «A herdanza do dragón», foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2010 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Xerais nos blogs
Elena Gallego relata no blog de Dragal a peripecia que polo mundo adiante que percorren cinco exemplares abandonados desta súa primeira novela. Unha experiencia pioneira en Galicia de bookcrossing que seguiremos con moita atención. Parabéns para Elena Gallego por tan interesante iniciativa.
Ler máis →
Publicado o 26 Xullo, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Xuvenil
O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela Dragal, a herdanza do dragón, editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Ler máis →
Publicado o 7 Xullo, 2010 nas categorías Antoloxía, Autores, Crónica, Fóra de Xogo, Noticias, Presentacións, Xuvenil
Xerais organiza os seguintes actos na Feira do Libro de Cangas do Morrazo que terá lugar na Alameda de Soage do 21 ao 25 de xullo:
Día 21 mércores, 20:30 horas:
Pregón a cargo de Suso de Toro.
Día 22 xoves, 19:00 horas:
Elena Gallego asinará exemplares do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.
Ler máis →
Publicado o 5 Xullo, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Fóra de Xogo, Narrativa, Presentacións, Xuvenil
A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores.
Ler máis →
Publicado o 2 Xullo, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións, Xuvenil
O vindeiro luns, 5 de xullo, a partir das 19:00 horas, Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009 e Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Na mesma xornada, ás 19:30 horas, Elena Gallego presentará a súa primeira novela, Dragal. A herdanza do dragón, acompañada do editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.
Ler máis →