Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: e_ocampo

Ramón Cabanillas en The Times e The Morning Post

Os xornais La Opinión e Faro de Vigo publican unha reportaxe de E. Ocampo sobre a información que publicaron os xornais británicos The Times e The Morning Post hai 95 anos con motivo da entrada do escritor galego na Real Academia Galega. Precisamente estes días está a chegar ás librarías o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Ramón G. Izquierdo, tradutor dos sonetos ao galego: «Shakespeare deixou numerosas incógnitas nos trazos dos seus personaxes»

Coincidindo co 450 aniversario do nacemento de Shakespeare, os xornais La Opinión e Faro de Vigo publican unha entrevista de E. Ocampo a Ramón G. Izquierdo sobre a súa tradución dos Sonetos de Shakespeare.

Compartir a risa: «Os Gotten», o novo libro de Alfonso Álvarez Cáccamo. Anotacións en Brétemas e Caderno da Crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo. Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación.   «Os Gotten» en Andel Na presentación d’ Os Gotten en Andel esmendrellámonos con Alfonso Álvarez Cáccamo e Gonzalo Navaza.

Alfonso Álvarez Cáccamo: «Nos Gotten quero rendir homenaxe á miña propia familia». Presentación hoxe en Vigo

Faro de Vigo publica hoxe unha información de E. Ocampo sobre o libro Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo, que será presentado hoxe en Vigo na libraría Andel nun acto no que participarán Gonzalo Navaza, Manuel Bragado e o autor.

A triloxía «Dragal», de Elena Gallego, será levada ás pantallas

Faro de Vigo publica hoxe unha información de E. Ocampo sobre a venda de dereitos da triloxía Dragal, de Elena Gallego, a unha produtora galega.

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).