Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: é_tempo_de_entroido

A canción «Non pare a festa», de Os Amigos dos Músicos, acompaña o novo libro sobre o entroido de Ramón D. Veiga e David Sierra. Noticia no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG que presenta a xornalista e escritora Pilar García Rego  rematou o programa emitido o día 15 de febreiro de 2021 coa canción: Non pare a festa, do grupo Os Amigos dos Músicos, tema que acompaña o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Dous libros que achegan a tradición aos nenos: «É tempo de entroido» e «Non pare a festa», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Anotación no xornal «O Sil»

O xornal O Sil publicou unha anotación sobre os libros: É tempo de entroido, e Non pare a festa, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicados por Xerais na colección: Pequeno Merlín.   «É tempo de entroido» e «Non pare a festa», de Ramón D. Veiga e David Sierra Estes libros, o segundo deles publicado o pasado xaneiro, son obra de Ramón D.

Dous álbumes que non deben faltar en ningunha biblioteca escolar: «É tempo de entroido» e «Non pare a festa», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou un artigo sobre o entroido no xornal Faro de Vigo con mención aos libros: É tempo de entroido, e Non pare a festa, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicados por Xerais na colección: Pequeno Merlín.

Achegando a tradición galega do entroido aos máis pequenos: «É tempo de entroido» e «Non pare a festa», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Anotación no xornal «O Sil»

O xornal O Sil publicou unha anotación sobre os libro: É tempo de entroido, e Non pare a festa, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicados por Xerais na colección: Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«É tempo de Entroido!», de Ramón D. Veiga, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: É tempo de Entroido!, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Coma unha boa larpeirada para levar á boca nestas datas: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Anotación de Olalla Sánchez no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha anotación de Olalla Sánchez sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha sorte de pequena enciclopedia visual que percorre e visibiliza o entroido: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un extraordinario álbum que reinventa para as crianzas este catálogo do noso imaxinario: «É tempo de entroido!», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación do editor Manuel Bragado sobre o libro: É tempo de entroido!, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Un álbum de indubidable valor que nos adentra no espírito dunha das festas máis populares de Galicia: «É tempo de entroido!», de Ramón D. Veiga. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido!, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.   «É tempo de entroido!», de Ramón D.

Festas de presentación en Vigo de “É tempo de entroido” de Ramón D. Veiga e David Sierra

O sábado 2 de marzo, ás 12:00 horas na tenda Wooktown, avenida Camelias, 20 e ás 18:00 horas no Sinatra, rúa Fermín Penzol, 6, terán lugar as festas de entroido con motivo da presentación do libro É tempo de Entroido de Ramón D. Veiga con ilustracións de David Sierra.

Facer un bo cocido e non deixar ren: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga Perto está o Entroido e debemos lembrar este libro publicado pola editorial Xerais: É tempo de Entroido, de Ramón D. Veiga e David Sierra.

Novidade: «É tempo de Entroido!», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Unha boa paparota entre algúns dos personaxes máis senlleiros do entroido

É tempo de Entroido!, de Ramón D. Veiga, é unha novidade da colección Álbums Infantís de Xerais. O libro está ilustrado por David Sierra. É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido.