Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_ideal_gallego

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Vicente Araguas publicou onte domingo en El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, a novela do médico Ánxel Vázquez de la Cruz que Xerais acaba de reeditar. Reproducimos unha parágrafo da recensión: «Porque en Vázquez de la Cruz hai un escritor (que ademais é médico). E non un médico ao que lle dera por escribir un, polo demais, gustoso anecdotario, que mesmo insire o chiste da pescada e o seu virgo.

Crítica de Armando Requeixo sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

Baixo o título «Viaxes pola Galicia invisible», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible, do escritor Antonio Reigosa.

A soberbia mestría narrativa de «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

Baixo o título «A soberbia mestría narrativa de Marilar Aleixandre», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publican unha recensión crítica sobre O coitelo en novembro.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lapidarias»

O crítico Armando Requeixo aborda nunha recensión o poemario Lapidarias. Os versos escuros, de David Rodríguez.

«”Luz de Tebra” é un dos acontecementos literarios do ano»

Baixo os titulares «Novo diario dun médico de garda» e «Un dos acontecemento literarios do ano», o crítico Armando Requeixo recomenda moi vivamente Luz de Tebra, o libro de relatos co que se dá a coñecer na literatura galega Ánxel Vázquez de la Cruz. O texto de Requeixo, publicado o domingo 22 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, pode baixarse en pdf aquí.

«Sete de palabras» de Suso de Toro: «un libro que dá xenio lelo»

Vicente Araguas publica en El Ideal Gallego unha fermosa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. O texto en pdf pode baixarse en pdf aquí.

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne por Xulio Valcárcel

ESCRITORES ALEMÁNS E GALEGOS Sábese da verdadeira dimensión dunha obra cando viaxa e se somete a criterios externos e imparciais, alleos a influencias afectivas e a oportunismos coxunturais. Proxectada en doble dimensión: unha particular, dentro das propias lindes; outra universal, trasladada a outras linguas.

«Mais que ben que a contou», unha crítica de Vicente Araguas

A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.

Manuel Rivas ingresa na Academia Galega

Brillantísimo foi o acto de ingreso de Manuel Rivas na Academia Galega celebrado onte sábado no salón de actos da reitoría da Universidade da Coruña.

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

Foto El Ideal Gallego A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008, foi presentado no día de onte en roda de prensa na sede da Deputación da Coruña. Nesta anotación enlazamos toda a información recollida nos medios. “Un espello no que atopar o rostro” (Galicia Hoxe) “A Deputación da Coruña publica A vida do outro a través de Xerais” (La Opinión) “Carlos G.

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica esta crítica da novela Festina Lente, de Marcos Calveiro, en El Ideal Gallego.