Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_mundo_galicia

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).

Diego Ameixeiras, entrevista en El Mundo

O xornal El Mundo faise eco na súa edición galega da expectación que esperta a novela Asasinato no Consello Nacional e publica unha entrevista con Diego Ameixeiras asinada por María Míguez que reproducimos.

Feira do Libro da Coruña, o balance: máis visitantes, redución de vendas

Tras o peche onte da Feira do Libro da Coruña a prensa recolle hoxe o balance dos organizadores. O elevado número de visitantes (200.000) e unha baixa das vendas dun 10% constitúen as dúas conclusións máis salientables. Como xa anunciaramos hai uns días, Luz de Tebra o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz foi un dos libros máis vendidos da Feira.