Booktrailer de Miguel Abad da triloxía «Dragal» de Elena Gallego
Miguel Abad prepararou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego este fantástico booktrailer.
Publicado o 18 Xuño, 2012 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Noticias, Novidades, Vídeos
Miguel Abad prepararou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego este fantástico booktrailer.
Publicado o 3 Febreiro, 2012 nas categorías Autores, Noticias
O dragón galego xa conta cunha nova páxina web, con novas seccións e espazos dedicados aos lectores da triloxía de Dragal, da que é autora Elena Gallego Abad. En www.dragal.
Publicado o 26 Xaneiro, 2012 nas categorías Centros de ensino, Conferencia, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog da Biblioteca Secundaria do Colexio San Narciso publicou unha información sobre a visita ao centro de Elena Gallego Abad para falar do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Infantil, Noticias, Premios, Xuvenil
Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.
Publicado o 28 Xuño, 2011 nas categorías Autores, Feiras_do_libro
Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo Día 1 venres ás 19:30 horas: Pregón a cargo de Iolanda Zúñiga. Día 4 luns, 20:30 horas: Presentación de Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad. Intervirán Manuel Bragado, Miguel Abad e a autora. Día 5 martes, 19:30 horas: Presentación de Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.
Publicado o 15 Decembro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra baixo o denominador común de «novelas de aventuras para a mocidade» na que aborda dous títulos da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.
Publicado o 20 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
El Correo Gallego publicou onte unha recensión crítica de Geovana Gentili sobre a novela Dragal, de Elena Gallego Abad. Dragal, editada na colección Fóra de Xogo e subtitulada «A herdanza do dragón», foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.
Publicado o 1 Setembro, 2010 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Xerais nos blogs
Elena Gallego relata no blog de Dragal a peripecia que polo mundo adiante que percorren cinco exemplares abandonados desta súa primeira novela. Unha experiencia pioneira en Galicia de bookcrossing que seguiremos con moita atención. Parabéns para Elena Gallego por tan interesante iniciativa.
Publicado o 26 Xullo, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Xuvenil
O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela Dragal, a herdanza do dragón, editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Publicado o 9 Xuño, 2010 nas categorías Blogs, Fóra de Xogo, Noticias, Xerais nos blogs, Xuvenil
Elena Gallego, autora de Dragal. A herdanza do dragón acaba de abrir un fermoso blog. Convidamos a visitar cada un dos seus espazos: os seus adiantos, a súa axenda, a súa presenza nos medios, ou seu futuro clube de seareiros. Os nosos parabéns para a Elena e moito pulo para este novo espazo de comunicación entre ela e o seu lectorado.
Publicado o 28 Maio, 2010 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Presentacións
O sábado, 1 de xuño, coincidindo coa inauguración da Feira do Libro de Ourense (Praza do Bispo Cesáreo), acudirán ao evento as escritoras Teresa Moure e Elena Gallego. Teresa Moure pronunciará o pregón ás 13:00 horas e presentará a súa novela máis recente, A intervención, acompañada do editor Manuel Bragado. Pola súa banda, Elena Gallego ás 19:00 horas asinará exemplares da súa primeira novela, Dragal.
Publicado o 21 Maio, 2010 nas categorías Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias
Xerais organiza diversos actos na Feira do Libro de Ourense, que se celebrará na Praza do Bispo Cesáreo do 29 de maio ao 6 de xuño. Día 29 sábado, 13:00 horas Teresa Moure pronunciará o pregón na Praza do Bispo Cesáreo. Día 29 sábado, 19:00 horas Elena Gallego Abad asinará exemplares da súa novela Dragal. Día 29 sábado, 20:30 horas Presentación da novela A intervención de Teresa Moure.