Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elena_gallego_abad

«Dragal», fotos da presentación en Cangas

A presentación en Cangas, nas instalacións de FECIMO, da primeir anovela de Elena Gallego, Dragal. A herdanza do dragón, foi un rotundo éxito. A alcaldesa de Cangas Calra Millán, o alcalde Bueu Félix Juncal, o deputado provincial Enrique Sotelo e numerosos empresarios e escritores da comarca do Morrazo asistiron o acto da estrea como escritora de Elena Gallego. Aquí pode consultarse unha galería fotográfica da presentación.

Elena Gallego presenta hoxe «Dragal» en Cangas

NA BÚSQUEDA DO ÚLTIMO DRAGÓN GALEGO A XORNALISTA ELENA GALLEGO PRESENTA HOXE EN FECIMO A SÚA PRIMEIRA NOVELA «DRAGAL» Decidiu afastarse das tarefas profesionais, como responsable comercial de FARO no Morrazo, máis centradas na publicidade e na información, para adentrarse no mundo da ficción. Elena Gallego presenta hoxe a súa primeira novela Dragal nun acto na sede da Federación de Comerciantes, en Cangas, as 20.00 horas.

«Dragal», primeira novela de Elena Gallego, presentación en Cangas

Mañá, martes, 11 de maio, ás 20:00 horas, na sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO (Avda. Vigo, 91 – baixo) de Cangas, terá lugar a presentación de Dragal. A herdanza do dragón, primeira novela de Elena Gallego Abad. O acto contará coa intervención de Xosé Bangueses, Manuel Bragado e a autora.

«Dragal»: a historia do último dragón galego

Elena Gallego, xornalista cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto na prensa escrita coma na radio leva case unha década vencellada ó Morrazo, pola súa labor profesional en Faro de Vigo. Agora saca á luz a súa primeira novela: Dragal. A herdanza do dragón, o primeiro tomo do que será unha completa triloxía.

«Dragal» de Elena Gallego Abad, inicio dunha prometedora triloxía

Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega con Dragal. A Herdanza do Dragón, unha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego. Dragal.