Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elena_gallego_abad

Elena Gallego: «Non se pode normalizar unha lingua e non escribir nunca “Quérote”».

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.   «O xogo de Babel» de Elena Gallego Resumiuno de marabilla Elena Gallego nunha frase pronunciada onte na presentación en Bueu d’ O xogo de Babel: «Non se pode normalizar unha lingua como a galega e non escribir nunca “Quérote”».

Presentación de “O xogo de Babel” en Bueu

O martes, 11 de xullo, 2017, ás 21,00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado pola librería Miranda, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e a autora.

Booktráiler de «O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad

Booktráiler de O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Presentación de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad en Santiago

O luns, 26 de xuño, 2017, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto participarán María Solar, Manuel Bragado e a autora.

Novidade: «O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad. Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas? Unha novela sobre un intenso triángulo amoroso

O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad, é unha novidade de Xerais «Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.

Descifrando a próxima novela de Elena Gallego. Anotación en Libros Lectureka

Descifrando a próxima novela de Elena Gallego. Anotación en Libros Lectureka

Libros Lectureka publicou unha anotación sobre a próxima novela de Elena Gallego Abad, que se publicará o mes de xuño. Descifrando a próxima novela de Elena Gallego:  2017 será o ano do regreso a librerías de Elena Gallego Abad, que tras publicar Dragal IV en 2015 volve facer un paréntese na saga do dragón galego para adentrarse nunha ficción completamene diferente.

Elena Gallego Abad: «Os rapaces pensan que a maioría dos escritores morreron»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Ángel Palmou sobre a escritora Elena Gallego, e a súa serie Dragal.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Presentación en Marín de “As horas roubadas” de María Solar

O venres, 11 de novembro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín, rúa Caracol, 36, en Marín, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas de María Solar. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán a escritora Elena Gallego Abad, o actor Miguel Angel Blanco e  a autora María Solar.

Capaz de conquistar os amantes da fantasía de todo o mundo: «Dragal», de Elena Gallego. Valoración dunha lectora

O blog El mundo de una joven escritora, de Ariadna A. Ioannu Dominguez, fai unha valoración da novela Dragal, de Elena Gallego, e entrevista á súa autora.   Reseña: Dragal de Elena Gallego Abad Hola a todos!! Hoy os traigo doble entrada en una. Aparte de la reseña de “Dragal”, os traigo la entrevista a Elena Gallego Abad (la autora). Espero que os guste.

Elena Gallego: «Encantaríame que Dragal chegase ás mesmas linguas e países que Harry Potter»

O xornal La Región publica unha entrevista de Marta Salgado a  Elena Gallego Abad sobre  a saga Dragal.