Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elena_gallego_abad

Elas son as que contan: nova literatura infantil

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Marta Veiga sobre as novas autoras de Literatura infantil e xuvenil.   Nova literatura infantil: elas son as que contan O gran bestseller da literatura galega, ‘Memorias dun neno labrego’, é un libro infantil. Neste outono no que vimos de despedir a Neira Vilas, unha galega, Ledicia Costas, gañou o Nacional e o Lazarillo.

Elena Gallego Abad: «Cada entrega de Dragal evidencia a miña progresión como escritora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad e a serie Dragal. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.

Presentación en Bueu de “Dragal IV. A estirpe do dragón” de Elena Gallego Abad

O sábado, 27 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala Amelia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vicenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Concello de Bueu, a librería Miranda e Xerais e coa colaboración da Asociación Club Golfiños, participarán Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorezo, e «Dragal IV», de Elena Gallego Abad, libros máis vendidos en maio

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; seguido de Son noxento, de María Xosé Queizán. Dragal IV.

Presentación de “Dragal IV. A estirpe do Dragón” de Elena Gallego Abad en Marín

O mércores, 27 de maio, ás 20:30 horas, no museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán Héctor Silverio, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Sinatura de Elena Gallego Abad na Feira do Libro de A Guarda

O domingo, 17 de maio (Día das Letras Galegas), a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro d’A Guarda, a escritora Elena Gallego Abad, autora da colección Dragal e da novela Sete Caveiras, asinará exemplares das súas obras.

Xerais na Feira do Libro de Compostela

Do 1 ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos: 1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras. 3 de maio, domingo 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.

Elena Gallego expande o universo “Dragal” cunha nova triloxía

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Elena Gallego sobre os seus libros da serie Dragal.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2015

Do 14 ao 19 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola de Pontevedra, terá lugar Feira do Libro. Para esta  primeira Feira do Libro do ano 2015,  na que participará como pregoeiro Fernando Filgueira, presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xerais organizou os seguintes actos: Día 15 de abril, mércores 18:45 h.: Lectura Pública da obra de Fina Casalderrey e sinatura de libros. 20:00 h.

Unha nova web para «Dragal», de Elena Gallego Abad

A escritora Elena Gallego Abad acaba de presentar unha nova web sobre o proxecto Dragal. A web, que pode lerse en galego, castelán, catalán e inglés, quere ser un lugar de información e encontro para os/as seguidores/as da saga do dragón galego. O próximo título da serie, Dragal IV, A estirpe do Dragón, verá a luz no vindeiro mes de abril. A nova web pode consultarse nesta ligazón.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do venres, 5 de decembro

Xerais preparou un programa de actividades para desenvolver no Culturgal 2014, do venres 5 ao domingo 7 de decembro, que como en edicións anteriores desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa do Venres 5 de decembro 11:30 a 12:15 horas: Espazo Infantil. Encontro con escolares de Anxo Fariña, autor e ilustrador da serie (5 títulos) Os Megatoxos.