Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: emma_pedreira

Un poemario compacto e coherente: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «s/t», de Emma Pedreira. Sen título, sen terra: todas as perdas

s/t, de Emma Pedreira é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Premio Gonzalo López Abente, 2015 Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio.

Emma Pedreira recolleu o sábado o Premio Gonzálo López Abente de Poesía por «S/T»

Apoeta Emma Pedreira recolleu este pasado sábado en Muxía o Premio López Abente de Poesía  outorgado o pasado mes de xuño ao seu libro S/T, un poemario que publicará Xerais.

Emma Pedreira, Premio López Abente de Poesía co libro «S/T»

A escritora Emma Pedreira resultou gañadora esta fin de semana do Premio López Abente de Poesía co libro S/T, un poemario que publicará Xerais. O xurado, composto polos poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga –actuando como secretaria Viki Rivadulla– escolleu a obra da autora coruñesa por unanimidade.