Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: escarlatina_a_cociñeira_defunta

Libros máis vendidos en Novembro: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas; «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas; e «O papiro do César», o novo álbum de Astérix

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas.

Ledicia Costas abre o “VIII Encuentro entre Entidades Locales” en Madrid

O xoves, 26 de novembro, ás 10:45 horas, no Círculo de Bellas Artes, Sala Valle Inclán, Alcalá, 42, Madrid, a escritora Lecidia Costas, recente Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Escarlatina, a cociñeira defunta,  abrirá o “VIII Encuentro entre Entidades Locales” organizado pola Federación Española de Municipios y Provincias coa conferencia “La literatura infantil y juvenil: Un viaje p

Libros máis vendidos en outubro: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo, en Narrativa, e «Escarlatina, a cociñeira defunta» de Ledicia Costas, en Infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en infantil.

Ledicia Costas : «Quería falar da morte desde un lado canalla»

De Verdad TV publicou unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas, respostas en 140 caracteres

A web Poemas del Alma entrevistou a  Ledicia Costas, último Premio Nacional de Literatura Infantil coa súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.   Ledicia Costas, respuestas en 140 caracteres El Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015 concedido en España lo recibió la escritora gallega Ledicia Costas, a quien no dudé en invitar a ser parte de la sección de tuittrevistas de Poemas del Alma.

Víctor Rivas: «Os personaxes de Escarlatina, ao estar mortos, non teñen límites, poden facer de todo». Entrevista na TVG

Os informativos da TVG emitiron unha entrevista a Víctor Rivas, ilustrador do libro Escarlatina. A cociñeira defunta,  de Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil que recibira tamén o Premio Fervenzas Literarias á mellor portada LIX do 2014.

Víctor Rivas: «Estou moi orgulloso de Escarlatina»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao ilustrador Víctor Rivas, autor, entre outras, das ilustracións de Escarlatina. A cociñeira defunta, que recibiu o Premio Fervenzas Literarias á mellor portada LIX do 2014.  A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «En Galicia temos unha longa tradición tanto arredor da morte como da gastronomía»

O programa El Ojo crítico, de RNE emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta. A entrevista en audio pode escoitarse ou descargarse neste enlace.

Ledicia Costas: «Nunca sei como vai rematar unha novela miña»

A escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta foi entrevistada por Tino Santiago en ZigZag-Eirado (minuto 01:40). A entrevista pode verse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Quería escribir unha historia que a min me emocionase para intentar emocionar o lectorado»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas: «É inconcebible que en Galicia non contemos cun instituto de promoción das letras»

A Real Academia Galega publicou na súa web unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas: «Decidín apostalo todo pola escrita, a faceta da vida na que me sinto máis libre, e estou en shock»

A concesión, na mañá de onte, do Premio Nacional de Literatura Infantil a Ledicia Costas pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta tivo un enorme eco nos medios de comunicación e, moi especialmente, nas redes sociais, que axiña comezaron a expandir a noticia e a dar conta dos parabéns dos lectores e lectoras á autora.