Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: europa_express

Andrea Maceiras: «Normalmente son unha lectora que se concede poucas liberdades e le ata a última folla.». Entrevista en «La Voz de Galicia» á autora de «Europa Express» e «O que sei do silencio»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora coruñesa Andrea Maceiras,  autora do libro: Europa Express, co que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015; e tamén do libro: O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017. Os dous están editados por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

Unha boa novela, que fai pensar: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras. Recensión: Andrea Maceiras, «Europa Express» Miguel de Cervantes utilizou no seu Don Quijote de La Mancha, o tópico do “manuscrito atopado” como excusa para crear unha das obras máis importantes da literatura universal. Agora Andrea Maceiras faino coa “postal atopada”.

Intriga psicolóxica e viaxe: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica de Mar Fernández

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

La Voz de Galicia recomenda lecturas para o verán: «Axente riciños», «Poemas birollos para ler cos ollos» e «Europa Express»

O xornal La Voz de Galicia recomenda, nunha reportaxe de Ana Abelenda titulada Un verán ao sol dos mellores libros, tres libros de literatura infantil e xuvenil de Xerais entre as lecturas estivais: o álbum ilustrado Axente riciños, de El Hematocrítico; o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso; e a novela Europa Express, de Andrea Maceiras.   Axente Riciños El Hematocrítico.

Longa permanencia dos libros máis vendidos: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a pequena defunta» á que se suma «Historia das historias de Galicia»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Andrea Maceiras: «Os adolescentes son un público moi fresco, con moita liberdade e mentes abertas»

El Ideal Gallego publicou unha entrevista de Noelia Díaz a Andrea Maceiras centrada na súa novela Europa Express, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Europa Express», «Esmeraldina a pequena defunta» e «O papiro do César» levan catro meses nos máis vendidos, aos que se suma «Os fillos da fame»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de abril a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas.

Longa persistencia dos libros máis vendidos: «Europa Express», «Escarlatina, a cociñeira defunta» e «O papiro do César»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.

Os máis vendidos repiten en febreiro: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a cociñeira defunta»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.