Publicado o 8 Novembro, 2009 nas categorías Autores, BLG, Clásicos, Homenaxes, Noticias, Poesía
Mañá, 9 de novembro, cúmprese o 50 cabodano do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. Con este motivo, Xerais anuncia a próxima aparición, tras varios anos de traballo, da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, un volume de 1.032 páxinas preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro.
Ler máis →
Publicado o 5 Novembro, 2009 nas categorías Autores, Descargas, Entrevistas, Fóra de Xogo, Narrativa, Premios_Xerais
Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xerais_nos_medios
María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo, baixo o título de «Universos fantásticos», unha crítica d’ A profesora Ripaldi, o libro escrito e debuxado por María Alcañiz.
O mundo dos soños e da ensoñación ofrecen ao escritor a posibilidade de crear e recrear universos fantásticos onde rexen as coordenadas da vontade, do desenfado, do absurdo ou da lóxica segundo a situación.
Ler máis →
Publicado o 8 Outubro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións, Xerais_nos_medios
Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Laura Caveiro publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Monte Louro, a novela de Luís Rey Núñez gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2009.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Dolores Martínez Torres publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Baixo o título de «Intimismo e aventura», Martínez Torres salienta que en Pirata se reinterpretan, cun discurso parello ao feminismo lésbico, as biografías de Anne Bonny e Mary Read, compoñentes da tripulación de Calico Jack, un dos piratas do século XVIII.
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Presentacións, Xerais_nos_medios
Xesús Alonso Montero foi entrevistado por Faro de Vigo e La opinión da Coruña con motivo da presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) que realizou onte na Feira do Libro da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 28 Xullo, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Socioloxía, Universitaria, Xerais_nos_medios
María Xosé Queizán protagoniza hoxe unha ampla reportaxe de Faro de Vigo na que Fernando Franco fai un interesantísimo percorrido pola súa traxectoria biográfica e literaria. Así mesmo, María Xosé Queizán publica esta semana n’ A Nosa Terra unha columna de opinión sobre Prostitución: clientes e outros homes, libro das sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.
Ler máis →
Publicado o 1 Xullo, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Tras a presentación de onte en Vigo de Pirata, a súa terceira novela, María Reimóndez é entrevistada por Faro de Vigo (só na edición impresa), Xornal de Galicia e Galicia hoxe.
En Xornal de Galicia, María Reimóndez insiste na idea de que Pirata “non é unha historia de piratas, senón un pretexto para falar doutras cousas.
Ler máis →
Publicado o 21 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Homenaxes, Infantil, Merlín, Narrativa, Reportaxes fotográficas, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo sobre a obra literaria de Agustín Fernández Paz a raíz da homenaxe de onte en Vilalba.
Aquí pode verse o álbum fotográfico da homenaxe, preparado por Paulo Naseiro de A Voz de Vilalba.
Ler máis →
Publicado o 20 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Infantil, Sopa de Libros, Xerais_nos_medios
Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz para Faro de Vigo e para La Opinión da Coruña. A conversa céntrase arredor da aparición nas librarías de Lúa do Senegal, a nova novela de Agustín que recibirá o martes, 23 de xuño, en Teruel o Premio Nacional de Literatura Infantil 2009.
Ler máis →
Publicado o 8 Xuño, 2009 nas categorías Entrevistas, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Os medios acolleron con moito interese as noticias dos Premios Xerais 2009. O noso recoñecemento para este esforzo que moito agradecemos. Nesta anotación trataremos de enlazar toda a información que localizamos.
Ler máis →