Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faro_de_vigo

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista a Santiago Lopo realizada con motivo da presentación de Peaxes en Vigo esta semana. Lopo define a súa obra como «unha novela cun estilo áxil e con moito ritmo. A acción é fundamental e a relación coas persoas levará a un final apoteósico. Funciona moi ben co público de calquera idade.

Entrevista a Alfonso Armada

Entrevista a Alfonso Armada

O Faro de Vigo publica unha breve entrevista con Alfonso Armada, que onte, día 20 presentou o seu poemario TSC. Diario da noite. No acto, que se celebrou na Libraría Librouro de Vigo, o autor estivo acompañado polo editor Fran Alonso e polo arquitecto César Portela.

«A Cabeza de Medusa» seleccionada para a exposición The White Ravens 2009

«A Cabeza de Medusa» seleccionada para a exposición The White Ravens 2009

Dende 1996 a Internationale Jugend Bibliothek de München selecciona, de entre os milleiros de libros publicados cada ano, 250 libros infantiles e xuveniles en 32 idiomas e de 47 países para organizar a exposición The White Ravens que cada ano se inaugura na Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna.

«Conversas con Emilio Pérez Touriño», presentación

«Conversas con Emilio Pérez Touriño», presentación

Numerosos medios fanse eco hoxe da noticia do acto de presentación das Conversas con Emilio Pérez Touriño preparadas por Manuel Lombao para a colección Crónica. El Correo Gallego publica unha crónica e un carrusel de imaxes; outrosí fixeron Galicia hoxe, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País Galicia, Soitu, La Opinión da Coruña, Xornal de Galicia, Europa Press,  Vieiros, Galiciae.

Entrevista a X.L. Méndez Ferrín

Entrevista a X.L. Méndez Ferrín

Foto J. de Arcos Fernando Franco publica nas páxinas de Faro de Vigo unha longa entrevista con X.L. Méndez Ferrín, con motivo da homenaxe nacional que se lle renderá en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, acto no que se presentará, tamén, o libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Balnco e Xerais.

Jaureguizar en Vigo

Jaureguizar en Vigo

Jaureguizar presentou onte a novela gañadora do Premio Terra de Melide O Globo de Shakespeare na libraría Librouro de Vigo. Faro de Vigo aproveitou para facerlle unha entrevista ao novelista de Ribadeo.

Xosé Ramón Pena, entrevista en «Faro de Vigo»

Xosé Ramón Pena, entrevista en «Faro de Vigo»

Foto: Eli Regueira Xosé Ramón Pena é entrevistado en Faro de Vigo con motivo da aparición nas librarías d’ A batalla do paraíso triste, a súa máis recente novela publicada en Xerais Narrativa.

Unha biblioteca para X.L. Méndez Ferrín

Unha biblioteca para X.L. Méndez Ferrín

Onte foi inaugurada con grande brillantez a Biblioteca X.L. Méndez Ferrín do Instituto Santa Irene de Vigo.

Beramendi e Fernández Paz entrevistados en «Faro de Vigo»

Beramendi e Fernández Paz entrevistados en «Faro de Vigo»

Estela, o suplemento dominical de Faro de Vigo, publica unha longa entrevista de cinco páxinas con Justo Beramendi e Agustín Fernández Paz, os recentes premios nacionais de ensaio e literatura infantil e xuvenil.

«Visibilidade da nación galega», artigo de X. L. Méndez Ferrín no «Faro de Vigo»

Recomendamos este artigo, onde X. L.

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

Hoxe, X.L. Méndez Ferrín, na súa columna de Faro de Vigo recorda como se xestou na editorial en 1987 a tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias e edición en Xabarín de Mondo e outras historias de J. M. Le Clézio, o premio Nobel de Literatura 2008. Naquel momento a veterana colección xuvenil era dirixida por Luís Mariño e polo propio Ferrín.

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.