Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: feira_do_libro

«Unha viaxe cuántica onde os tempos se mesturan e o pasado só é repensable cando se interpreta desde o futuro.» Texto de María Xosé Porteiro para a presentación de «Lapis na noite», de Ramón Nicolás

A xornalista María Xosé Porteiro participou na presentación en Vigo da novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás, co texto que reproducimos a continuación. Boas tardes, camiño dunha curta noite de verán. Nesta hora temos aínda dúas ou tres de lusco fusco, pero sabemos que ela vai chegar, inexorable. Solitaria: porque poucos actos temos tan íntimos coma o xeito en que pasamos ese tempo onde reinan as sombras.

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

Maxistral mestura entre o histórico e o novelado: «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Texto de Víctor Manuel Castiñeira

O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Víctor Manuel Castiñeira para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, na Feria do Libro de Cee (12/8/13).

Cando as emocións pesan máis que as ideoloxías: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Para saír das trincheiras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   O galego do estigma á estima Novo serán moi fresco e moi interesante na Feira do Libro de Compostela para presentar primeiro o Tastarabás de Antón Cortizas e despois o ensaio lingüístico de Valentina Formoso Do estigma á estima.

«Asasinato no Consello Nacional», presentacion na Feira do Libro de Lugo o próximo mércores 18

O próximo mércores 18 de novembro, ás 20,00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Lugo a presentación da novela Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que contará coa participación de Manuel Bragado e do autor, Diego Ameixeiras. A Feira do Libro está ubicada na Praza Maior.